Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta contos. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de junio de 2023

"A VODA DA PULGA E O PIOLLO"

UNHA DAS FANTÁSTICAS ACTIVIDADES QUE O ALUMNADO DE 4º B DESENVOLVEU NESTE CURSO FOI A REPRESENTACIÓN TEATRAL "A VODA DA PULGA E O PIOLLO".

O VENRES 9 DE XUÑO, CUN CARRO DE NERVIOS E MOITA ILUSIÓN, REPRESENTARON DIANTE DOS MÁIS PEQUENOS E PEQUENAS DO COLE A OBRIÑA DE TEATRO QUE ESTIVERON PREPARANDO DURANTE UNHAS SEMANAS NA HORA DE LECTURA.

VELOS/AS CON TANTA ILUSIÓN, MOTIVACIÓN E CUN SORRISO PERMANENTE FOI UNHA GRAN SATISFACIÓN PARA A SÚA TITORA QUE DESPOIS DE ANOS DI ADEUS A ESTE MARABILLOSO COLE.

DEIXAMOS UNHAS CANTAS FOTOS DA REPRESENTACIÓN.

MOI BO TRABALLO!!! SODES XENIAIS!!!
























sábado, 6 de abril de 2019

OBRADOIRO ILUSTRACIÓN

A visita ao Salón do libro de Pontevedra vai acompañada dun obradoiro para o alumnado dos centros colaboradores. O alumnado de 4º curso tivo o privilexo de contar cun obradoiro de ilustración da man de André Neves, ilustrador, entre outros, de Orellas de bolboreta, Amelia quere un can, Entre nubes,.. De orixe brasileiro, é un dos convidados de excepción este ano no Salón, no que se homenaxea á cultura lusófona.



No obradoiro, André pediunos que completásemos as nosas ilustracións e que contásemos as historias que creamos. Así o fixemos durante esta semana e aquí amosamos o froito do noso traballo:





 
Aprendimos que coas ilustracións os libros cóntannos dúas historias: a das palabras e a das imaxes. Resultou moi interesante!

Grazas, André!

lunes, 21 de enero de 2019

IMAXINACIÓN MITOLÓXICA

Os cativos e cativas de 3º de primaria empregaron as súas grandes dotes de imaxinación e creatividade para inventar os seus propios animais mitolóxicos. Primeiro describíronos fisicamente e, a continuación, explicaron cales eran os seus poderes sobrenaturais.

Esta actividade serviunos para crear un libro que introducimos na biblioteca de aula, co fin de incluir nas súas lecturas diarias as súas propias producións.





martes, 28 de noviembre de 2017

RUBICUNDO E MÁIS

     O mércores 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º achegámonos a Pontevedra para gozar dunha mañá especial.
     Primeiro fomos ao Café Moderno onde nos recibiu Catalina e María.
   Catalina encargouse de nos acompañar pola exposición Fotógrafos da Natureza 2016: Unha auténtica marabilla! Vimos animais de todo tipo nos seus ambientes: Leóns, osos, pingüíns, hámsters, orcas, elefantes, babosas. . . 


     Fixemos tamén un xogo de pistas repartidos en cinco grupos: Os Vagobasura, O Botellón tóxico, Os deshidratados, Os electrodependentes e Os adictos ao papel. Non pensedes que foi doado. Diso nada! Catalina deu a cada grupo un cuestionario con preguntas relacionadas coas fotografías expostas. Buf! Había algunhas preguntas súper, pero súper-súper dificilísimas! Menos mal que ela botou unha man e resolveu todas as nosas dúbidas.


    María foi a encargada de nos desenvolver uns experimentos moi chulos sobre a atmosfera, a capa de ozono e os problemas da contaminación. Encantáronnos !


     Logo da merenda na praza de San Xosé (xa sabedes: a que ten unhas esculturas con persoeiros galegos famosos) acomodámonos no auditorio da Sede Afundación para ver Rubicundo, unha obra representada por Teatro dos Ghazafelhos. Está baseada no conto homónimo da escritora María Canosa, finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

     Protagonizado por Erea, Darío e Rubicundo, o espectáculo vai da amizade e tamén da curiosidade que nos leva a querer saber cousas. Non faltou a música e, sobre todo, o humor. Ás veces non parabamos de rir, especialmente cando lle tiraron o café a Rubicundo ou cando Darío fixo de Xulieta ou . . . Non, non. Non imos contar máis. Mellor é que a vexades por vós mesmos. É moi divertida.




Pasámolo xenial !

     

viernes, 5 de mayo de 2017

CONCERTO FAMILIAR 25 ANIVERSARIO DA BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE BARRO

     Encantounos participar coa Banda de Música Xuvenil de Barro no concerto "Musicolandia" que ofreceu o domingo, 30 de abril, con motivo do seu 25 Aniversario.

     Escoitamos un precioso conto musical, xogamos, rimos, cantamos . . . Emocionámonos !


     Foi un día que non esqueceremos na nosa vida !

MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! ! 

MOITÍSIMOS PARABÉNS ! ! ! 

     Non vos perdades o vídeo que hai no blog da nosa Biblioteca:

https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/participamos-coa-banda-no-seu-xxv.html






miércoles, 11 de mayo de 2016

Gañadores do concurso "Cóntame un conto veciño"


Chegaron noticias ao noso centro da resolución do concurso que convocan os concellos de Barro e Portas que deixa como finalista na categoría de 2º ciclo de Primaria (3º e 4º cursos) ao alumno de 3º Aitor Fernández Castro co seu conto "Os cinco piratas do capitán"

Tamén resultou premiado o relato que presentou o profe Fran na categoría de Adultos, baixo o título "A misión"

NORABOA  A  AMBOS OS DOUS !!


Para ter máis información, preme no enlace e le no blog da biblioteca:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/contame-un-conto-vecino-publicada.html

sábado, 16 de abril de 2016

IV CERTAME DE RELATO CURTO

     ELIA PUDDU SANMARTÍN (de 6º) e ALBA VILLAR CRUGEIRAS (de 4º) quedaron finalistas no IV Certame de Relato Curto convocado pola FANPA (Federación de Nais e Pais de Alumn@s).
     Polo de pronto, recibirán o seu merecido diploma e a divulgación das súas obras, ademais de optar a ser gañadoras da súa categoría. 

     BRAVÍSIMO, CHICAS !

     MOITÍSIMA SORTE !

    E MOITAS GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES !