martes, 28 de noviembre de 2017

RUBICUNDO E MÁIS

     O mércores 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º achegámonos a Pontevedra para gozar dunha mañá especial.
     Primeiro fomos ao Café Moderno onde nos recibiu Catalina e María.
   Catalina encargouse de nos acompañar pola exposición Fotógrafos da Natureza 2016: Unha auténtica marabilla! Vimos animais de todo tipo nos seus ambientes: Leóns, osos, pingüíns, hámsters, orcas, elefantes, babosas. . . 


     Fixemos tamén un xogo de pistas repartidos en cinco grupos: Os Vagobasura, O Botellón tóxico, Os deshidratados, Os electrodependentes e Os adictos ao papel. Non pensedes que foi doado. Diso nada! Catalina deu a cada grupo un cuestionario con preguntas relacionadas coas fotografías expostas. Buf! Había algunhas preguntas súper, pero súper-súper dificilísimas! Menos mal que ela botou unha man e resolveu todas as nosas dúbidas.


    María foi a encargada de nos desenvolver uns experimentos moi chulos sobre a atmosfera, a capa de ozono e os problemas da contaminación. Encantáronnos !


     Logo da merenda na praza de San Xosé (xa sabedes: a que ten unhas esculturas con persoeiros galegos famosos) acomodámonos no auditorio da Sede Afundación para ver Rubicundo, unha obra representada por Teatro dos Ghazafelhos. Está baseada no conto homónimo da escritora María Canosa, finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

     Protagonizado por Erea, Darío e Rubicundo, o espectáculo vai da amizade e tamén da curiosidade que nos leva a querer saber cousas. Non faltou a música e, sobre todo, o humor. Ás veces non parabamos de rir, especialmente cando lle tiraron o café a Rubicundo ou cando Darío fixo de Xulieta ou . . . Non, non. Non imos contar máis. Mellor é que a vexades por vós mesmos. É moi divertida.




Pasámolo xenial !

     

No hay comentarios:

Publicar un comentario