domingo, 20 de mayo de 2018

Letras Galegas 2018


Continuando co proxecto de centro Voces de mulleres e co gallo das Letras Galegas na aula de 3º investigamos un pouquiño sobre a vida de María Victoria Moreno. 
     
Unha vez xa sabíamos algunhas cousiñas sobre ela, creamos uns minilibros-biográficos que recollen a modo de liña da vida algunhas das datas máis relevantes da vida de María Victoria Moreno. No seguinte vídeo podedes ver un exemplo:



sábado, 19 de mayo de 2018

DESCUBRINDO OS PETRÓGLIFOS DE BARRO

    O pasado xoves 10 de maio, os rapaces e rapazas de 3º e 4º fixemos unha andaina aos petróglifos de Outeiro Codeso e de Castro Loureiro. Actuaron como guías Xesús Rodríguez Castro e Francisco Ameixeiras Sánchez, expertos e grandes coñecedores do Patrimonio Arqueolóxico.

      A saída foi unha gran experiencia e, aínda que nalgúns tramos o acceso foi un pouco difícil, sabemos de boa man que pronto as Administracións van facer unha limpeza da zona para que chegar ata estas xoias do noso patrimonio sexa máis sinxelo. 
      Así que animádevos a visitalas porque paga a pena. E se non nos credes, mirade o vídeo.


sábado, 5 de mayo de 2018

Marcapáxinas no Día do Libro

Para conmemorar o Día do libro os alumnos e alumnas de Primaria gozamos exercendo de "padriños e madriñas lectoras", actividade que está recollida no blog da nosa Biblioteca.


De volta ás aulas confecionamos uns orixinais marcapáxinas empregando o logo do PDI deste curso escolar "Voces de mulleres" e queremos amosárvolos neste vídeo.


Felices lecturas!!

jueves, 3 de mayo de 2018

CHARLA SOBRE PETRÓGLIFOS NA BIBLIOTECA

O pasado 24 de abril, o alumnado de 3º e 4º de E.P. recibimos a visita do secretario do Concello de Barro, Xesús Rodríguez Castro, para falarnos da riqueza rupestre que hai en  "Terras de Pontevedra", concretamente dos petróglifos que podemos atopar en Barro. Xesús contou que en Galicia hai localizados uns 2.573 petróglifos, dos que 1.553 están situados na provincia de Pontevedra.




A palabra petróglifo significa "pedra gravada". No concello de Barro atopamos tres conxuntos de gravados destacables: o  Petróglifo de Castro Loureiro e o de Outeiro de Codeso, formados por catro laxes con gravados que mostran varias combinacións circulares, cazoletas e círculos concéntricos, e o de Pedra Mirtada, con dúas combinacións circulares.



Para rematar, Xesús dixo que os petróglifos teñen un valor incalculable e que está na nosa man conservalos.


Moitísimas grazas!