Mostrando entradas con la etiqueta curso 14-15. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 14-15. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de marzo de 2015

Rincón dos piratas

Na clase de 3º temos o rincón dos piratas cos traballos que estivemos facendo.



Visita ao Concello

Aproveitando que estamos estudando o funcionamento dos concellos e os servizos municipais, o pasado martes @s alumn@s de 3º e 4º curso fixemos unha visita ao Concello de Barro, no que nos recibíu o alcalde para ensinarnos as novas instalacións. Visitamos o salón de plenos e fixémoslle as nosas propostas ao alcalde.




sábado, 28 de febrero de 2015

A flota pirata

Como complemento para o disfraz de entroido na clase de 3º fixemos estes barcos piratas despois de consultar as súas características na biblioteca.
Alí nos fotografiamos cos nosos disfraces e barcos.

viernes, 27 de febrero de 2015

Entroido pirata

Este trimestre estamos traballando no proxecto "Piratas", por este motivo foi este o tema do noso entroido.
Podedes mirar o resultado dos mandados deste ano no video aloxado no blog da biblioteca, así como da festa do venres.
Aquí queremos amosar as fotografías que fixemos cos nosos disfraces.
3º curso

4º curso

Coa nosa profe Cruz mais Anxo, a nosa mascota.

sábado, 21 de febrero de 2015

Ciencia na biblioteca

Estivemos na biblioteca amosando os nosos experimentos aos compañeiros. Marcos Rivas explicou como fixo esta reproducción da sonda espacial Rosseta co módulo Philae e como foi a maniobra de aterraxe no cometa 67P.


lunes, 16 de febrero de 2015

O moco verde!


CIENCIA DIVERTIDA

Os alumnos e alumnas de 3º Curso, convertímonos en científic@s e fixemos un experimento.
E o resultado do noso experimento, por certo moi divertido: O MOCO VERDE.



Elaboración





Receita da elaboración do "Moco Verde"

O Rap Do Volcán

Os alumnos e alumnas do 3º curso estudiamos os volcáns e leimos moitas cousas sobre eles.
Así que animámonos a facer un volcán e inventamos "O Rap Do Volcán".








Mirade que ben o pasamos facendo o Volcán....


E aquí todos xuntos co a obra feita. O volcán!!!!!

lunes, 15 de diciembre de 2014

Espantallo amigo

Este é un traballo dos nenos e nenas de 3º que ilustraron o conto "Espantallo amigo". Esperamos que vos guste: