Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de febrero de 2026

Disfraces do segundo ciclo!!

 Como ben sabedes, no cole estamos a traballar todo o relacionado coa novena arte: a banda deseñada, dentro do proxecto "NovenArte".

Con tal motivo, este curso, co noso disfrace, quixemos converternos en onomatopeas de cómic. Mirade que guapiñas e guapiños ibamos...


 


    

                        VIVA O ENTROIDO!!!!!!!!!!!

jueves, 20 de noviembre de 2025

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA 2025

Para conmemorar o 36 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia que se cumpre hoxe, o alumnado de Proxecto Competencial de 3º de Primaria creou un fermoso cómic con debuxos e viñetas de diferentes dereitos que teñen as nenas e nenos e os seus correspondentes deberes. Como colofón, o cómic foi presentado ás demais compañeiras e compañeiros de nivel, celebrando así de ben esta data tan especial.

Agardamos que vos guste!

POR UNHA INFANCIA FELIZ!!!


jueves, 30 de mayo de 2024

PRIMEIROS PASOS DE BAILE

 Na mañá de onte, mércores, o alumnado de 4º de Primaria gozou cunha actividade de baile impartida por Adrian e Noelia, da escola Pontebaile de Pontevedra.


Moi ben bailado!!

Moitísimas grazas!

miércoles, 8 de mayo de 2024

NOVA XORNADA DE TENIS DE MESA

 O alumnado de 4º pasou unha mañá de convivencia e deporte xunto con outro cole xogando ao tenis de mesa gracias ao Clube de Tenis de Mesa de Monteporreiro.


Moitísimas grazas!!

 

miércoles, 24 de abril de 2024

NOVA XORNADA DE XOGADE

O alumnado de 4º de Primaria, xunto co alumnado doutros 7 colexios máis, pasaron onte unha mañá repleta de deporte e convivencia.


 Practicaron: Rugby, balonmán, primeiros auxilios, baile deportivo e xogos tradicionais.

Unha gozada!

Moitísimas grazas!!


lunes, 22 de abril de 2024

PRACTICAMOS TENIS DE MESA

 O pasado venres, o alumnado de 4º de Primaria recibíu a visita do Club de Tenis de mesa de Monteporreiro. Esta é a primeira das dúas sesións que forman esta actividade.

 


Moitísimas grazas!

sábado, 20 de abril de 2024

PRACTICAMOS TENIS

Nunha moi deportiva semana, o alumnado de 3º de Primaria desprazouse o martes a Pontevedra para gozar dunha xornada de Convivencia e deporte xunto con rapaces e rapazas doutros colexios para practicar tenis.

 


Moitísimas grazas ao Clube de Tenis de Pontevedra 

e ao Programa Xogade.

 

domingo, 7 de abril de 2024

ATLETISMO EN PISTA

O pasado xoves, o alumnado de 4º de Primaria participou na actividade de Xogade "Atletismo en pista" no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra xunto con outros centros da localidade.



Moitísimas grazas!

Unha gozosa xornada!

 

martes, 19 de marzo de 2024

XOGADE INTERCENTROS EN PONTEVEDRA

 O alumnado de 3º de Primaria desprazouse na mañá de hoxe ao Pavillón dos Deportes de Pontevedra para participar na xornada deportiva xunto con alumnado doutros centros que cursan o mesmo nivel.

 

Moitísimas grazas!

Unha xornada intensa e moi gozosa!

PRACTICAMOS RUGBY TAG

 O alumnado de 3º e 4º de Primaria segue preparándose para as xornadas intercentros. A pasada semana visitáronnos do Clube de Rugby ..... de Pontevedra para coñecer a modalidade deportiva de Rugby Tag.

Moitísimas grazas!!

Pasámolo xenial!!

martes, 27 de febrero de 2024

XORNADA DE JUDO EN 3º

 O alumnado de 3º de Primaria segue recibindo visitas de entrenadores profesionais durante as sesións de EF para así prepararse de cara á gran xornada deportiva que disfrutarán en Pontevedra en vindeiras datas.

Moitas grazas por visitar  o noso centro!

miércoles, 21 de febrero de 2024

VISITAS DEPORTIVAS

Este mes de febreiro, o alumnado de 3º de Primaria recibiu unha dobre visita nas súas aulas de Educación Física:

Por unha banda, na semana grande do Entroido, dous entrenadores do clube de tenis de Pontevedra. Grazas a eles, puideron aprender os movemenos básicos deste deporte.

Pola outra, na mañá de onte, gozaron coa actividade de esgrima co entrenador do clube da Escola Hungaresa de Pontevedra.


Novas e atractivas experiencias para o noso alumnado neste ano olímpico!!!

Moitísimas grazas!!!


sábado, 10 de junio de 2023

A PREHISTORIA

DURANTE UNHAS SEMANAS ESTIVEMOS TRABALLANDO, BEN A FONDO, A PREHISTORIA. O ALUMNADO DE 4º INVESTIGOU INVENTOS FEITOS DURANTE ESTA LONGA ETAPA. CON TODO O TRABALLO REALIZADO E O MATERIAL RECOLLIDO, ELABORARON UNHA GRAN LIÑA DO TEMPO QUE COLOCARON NO CORREDOR, E SOBRE A QUE SITUARON OS FEITOS, DESCUBRIMENTOS E INVENTOS LEVADOS A CABO NO PALEOLÍTICO, NEOLÍTICO E NA IDADE DOS METAIS.

DEIXAMOS UNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES O MOITO E BEN QUE O FIXERON.














viernes, 9 de junio de 2023

OS INVENTOS DE 4º A


O alumnado de 4º demostrou as súas dotes como futuros inventores e inventoras!



Seguindo co proxecto traballado por todo o colexio “ Os inventos”, estes cativos e cativas romperon


as súas cabeciñas para deseñar un aparello que fixese a nosa vida cotiá máis sinxela.



Saíron cousas moi interesantes: dende un aparello que lava, colga e prancha a roupa só, outro que 


fabrica e leva alimentos ás persoas que o precisan , un armario que che elixe a vestimenta e poncha,


aparellos que arranxan calquera cousa que che rompa, un separador de lixo automático...



Sen dúbida, tiveron grandes ideas e, para que quede constancia de que estas ideas teñen autoría, 


 quedan aquí “rexistradas”. Quen sabe! Ao mellor, nuns anos, atopamos algún dos seus nomes


entre os grandes creadores e creadoras da época.










lunes, 23 de mayo de 2022

Entrevistamos a peregrin@s!

Os rapaces e rapazas de terceiro continúan a traballar no proxecto “Barro no Camiño”. Nesta ocasión, fixeron de reporteir@s e entrevistaron a peregrinos e peregrinas de diferentes nacionalidades. Entre outras cousas, falaron das emocións que se viven facendo o Camiño de Santiago.

Aquí podedes ver un vídeo con algúns fragmentos das diferentes entrevistas. Este vídeo formará parte dos carteis para @s peregrin@s que se colocarán en Barro nas vindeiras semanas. 


Esperamos que vos guste!




miércoles, 11 de mayo de 2022

Os pareados do Camiño

En terceiro estamos traballando no proxecto Barro no Camiño e, nas vindeiras semanas, estarán listos uns carteis que se colocarán ao longo do tramo do Camiño Portugués que pasa polo noso pobo. 

Unha das actividades consistiu na creación duns fantásticos e divertidos pareados sobre as diferentes rutas do Camiño de Santiago. Aquí tedes por adiantado o vídeo que se incluirá cun código QR nestes carteis,

 Vaia poetas!!!



viernes, 8 de abril de 2022

Conmemoramos o Xacobeo decorando o corredor de terceiro coa temática do Camiño Portugués!

Durante este curso, aproveitando que é ano Xacobeo e que o Camiño Portugués pasa polo noso pobo, os rapaces e rapazas de terceiro están investigando sobre o Camiño de Santiago.

A última actividade realizámola en colaboración co alumnado de segundo e consistiu na investigación e posterior decoración do corredor que vai ás nosas aulas. Nel pódese ver a ruta e as diferentes etapas do Camiño Portugués. Quedou chulísimo!

Aquí podedes ver unhas fotos co resultado final e co alumnado orgulloso do seu traballo.