MOITA ILUSIÓN NOS FIXO EXPLICARLLE AOS MAIORES TODO O APRENDIDO SOBRE A ROTACIÓN !!
Mostrando entradas con la etiqueta C. Sociais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta C. Sociais. Mostrar todas las entradas
martes, 20 de diciembre de 2022
EXPLICAMOS O MOVEMENTO DE ROTACIÓN
Etiquetas:
3º E.P.,
biblioteca,
C. Sociais,
ciencia en galego,
creatividade,
curso 2022-2023,
dinamización,
EDLG,
exposición,
Expresión oral e escrita
jueves, 15 de diciembre de 2022
CANTO NOS GUSTA O SISTEMA SOLAR!
AO LONGO DESTAS SEMANAS ESTIVEMOS APRENDENDO MOITAS COUSAS
SOBRE O SISTEMA SOLAR. DESCUBRIMOS COMO ESTABAN ORDENADOS OS PLANETAS E ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS DELES E, COMO PODEDES VER AQUÍ, RECOLLEMOS A INFORMACIÓN NUNHAS TARXETAS MOI PRÁCTICAS!!!
viernes, 7 de febrero de 2020
PAZ EN TODOS OS RECUNCHOS DO MUNDO
As nenas e nenos de 4º, dentro do noso proxecto anual, estivemos traballando a conmemoración do día da Paz. Para iso, dentro do noso mapa do mundo buscamos como se di en diferentes idiomas a palabra paz, xa que consideramos que é un concepto que debe chegar a cada recuncho do mundo.
Para plasmar esta idea, aproveitamos as bandeiras elaboradas nas casas, con motivo do traballo anteriormente feito sobre diferentes lugares do mundo.
Grazas familias pola vosa colaboración!
Para plasmar esta idea, aproveitamos as bandeiras elaboradas nas casas, con motivo do traballo anteriormente feito sobre diferentes lugares do mundo.
Grazas familias pola vosa colaboración!
jueves, 30 de mayo de 2019
Levántase a sesión!!
A comezos do mes de maio, a xuíza Encarna convidou ao alumnado de 3° de Primaria a coñecer os xulgados de Caldas de Reis e presenciar un xuízo en directo.
Por suposto que aceptamos a invitación, e aló fomos. Ademais, aproveitamos para facer un percorrido pola Vila Termal e logo repoñer forzas no Xardín Botánico.
Unha vez máis, moitas grazas Encarna pola túa hospitalidade!
sábado, 11 de mayo de 2019
IN DUBIO PRO REO!
Os nenos e nenas de 3° tiveron a sorte de recibir onte a Encarna, maxistrada do xulgado N° 1 de Caldas.
Durante a charla, aprenderon que a Constitución é a principal norma do ordenamento xurídico e que no Código Penal se recollen as condutas máis intolerables.
O que máis lles gustou foi escoitar como se leva a cabo un xuízo e, por suposto, probar a característica toga.
Para rematar, o alumnado agasallou á xuíza cunha taza de Mimi. Encantoulle!
Moitísimas grazas, Encarna!
viernes, 22 de febrero de 2019
As paisaxes de Galicia
Estas semanas, as rapazas e rapaces de 4º de Primaria estivemos estudando as paisaxes de Galicia a partires dun reto que nos propuxo a pirata Mimi. Nunha carta, dicíanos que para ser bos grumetes é necesario coñecer o territorio que se vai explorar e que, para iso, o mellor é comezar pola nosa terra. Así que pediunos que realizásemos un caderno de campo sobre Galicia e este é o resultado.
Quedáronnos ben xeitosos, non si?
Ademais, ao investigarmos sobre as paisaxes galegas, tivemos a oportunidade de observar distintas formas de representar o relevo, e descubrimos unha app que nos permite converter mapas de curvas de niveis en imaxes 3D.
Axiña puxémonos mans a obra e descubrimos unha aplicación creativa a esta ferramenta. Creamos os nosos propios mapas, simplemente coa axuda dun folio e un rotulador negro e, logo, convertémolos en mapas 3D grazas a axuda da app LandscapAR.
Fixádevos nas imaxes! Que illas e montañas tan curiosas creamos!
Se queredes tamén crear os vosos propios mapas, só tedes que vir pola aula de 4º de Primaria ou pola Biblioteca do noso centro, onde estaremos encantadas de explicarvos o sinxelo que é crear estes interesantes mapas e tamén poderedes descubir todos os deseños que fixemos.
Agardamos as vosas visitas!!!
Etiquetas:
4º,
4º curso,
apps,
biblioteca,
C. Sociais,
ciencia en galego,
ciencias,
creatividade,
curso 2018/19,
EDLG,
educación artística,
Galicia,
lingua galega,
producións propias
viernes, 8 de febrero de 2019
Profundamos no medio
O alumnado de 3º non deixa de soprender. Esta vez puxo todo o seu empeño en coñecer a importancia que ten a agua na vida dos seres vivos. Ademais, as nenas e os nenos aprenderon distintos elementos das paisaxes de costa e de interior.
Con esta tarefa conseguiron a seguinte peza do quebracabezas do proxecto anual no que están inmerso.
Unha vez máis, as artes plásticas permitíronlles mostrar os coñecementos adquiridos da mellor maneira.
martes, 22 de enero de 2019
Os Bolechas e os RAEE.
Os Bolechas visitaron ao alumnado de 3° curso para falarlle dos RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), xa que supoñen un grave problema para o medio ambiente, polo que é moi importante facer un uso responsable deles.
Nesta ocasión, os Bolechas son Os Electrecos, e teñen unha misión ecolóxica que souberon transmitir moi ben a estes rapaces e rapazas: axudar a reducir e reciclar os RAEE.
Os defensores e defensoras do planeta deste 3° curso xa comenzaron esta misión.
E vós, quereres participar?
martes, 13 de noviembre de 2018
Proxectos en familia.
Aproveitando o mes da Ciencia, e seguindo co proxecto "As Familias contan..." Luca, de 3° curso, estivo acompañado do seu papá, Miguel Maquieria, para mostrarnos como construíron un xenial Sistema Solar. Ademais, tamén contaron coa especial colaboración do seu avó que, por motivos laborais, non puido asistir.
Parabéns familia e moitísimas grazas!
Etiquetas:
3º,
biblioteca,
C. Sociais,
ciencias,
Colaboracións,
curso 2018/19,
EDLG,
exposición,
familias,
lingua galega,
pequenos científicos,
producións propias,
proxectos
miércoles, 7 de noviembre de 2018
Aprendices de xeógrafos
Estas últimas semanas na aula de 4º estivemos aprendendo e investigando sobre as diferentes formas de representar a Terra: como ler un mapa, como orientarse... e para culminar todo ese traballo creamos dous xogos:
E un "Atopa a Mimi", similar ao xogo de afundir a frota, so que neste caso en lugar de buscar barcos para afundilos, hai que descubrir que lugares visitou a nosa mascota favorita.
viernes, 2 de noviembre de 2018
SAMAÍN 2018
O Samaín chegou ao CEIP Amor Ruibal e os rapaces e rapazas de 4º crearon uns conxuros chulísimos para invocar ós monstros, facer bailar os vermes, resucitar os esqueletos...
Ademais tamén crearon unhas catrinas colgantes que ben mostran a creatividade e boa man destes mozos e mozas.
Etiquetas:
4º,
4º curso,
arte,
biblioteca,
C Sociais,
C. Sociais,
conmemoracións,
creatividade,
curso 2018/19,
EDLG,
lingua galega,
producións propias,
proxectos,
Samaín
viernes, 22 de junio de 2018
VISITAMOS O PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO
Como broche de ouro ao noso proxecto trimestral sobre os petróglifos, o xoves 14 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de Primaria visitamos o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Tamén foron, noutro autobús, nenos e nenas de Infantil que saudamos no Parque entre unhas actividades e outras.
Dividíronnos en dous grupos, guiados un por Leo e outro por Fran, que nos axudaron a coñecer un pouco máis sobre a arte rupestre e as condicións de vida na Idade de Bronce con actividades e obradoiros súper interesantes e a mar de divertidos.


En "Arqueólogos e Arqueólogas por un día", aprendemos a facer calcos de petróglifos marcándoos nun plástico con rotuladores de cores e nun papel branco coa axuda dunha esponxa, papel de calco e herbas.
Evidentemente, eran réplicas de petróglifos feitas por arqueólogos do Parque, pois os petróglifos auténticos están ben protexidos e non os podemos tocar.Os datos dos petróglifos tiñamos que anotalos nunha ficha técnica.
Visitamos logo unha reprodución a tamaño real dun poboado da Idade de Bronce con casas, un cerrado para os animais, un graneiro e un lugar de reunións no que entramos e comprobamos o espazoso que era. Barro seco, palla, xestas e madeira son os materiais básicos empregados nestas construcións.
A ruta continuou polo monte arriba para ver algúns dos petróglifos máis destacados con representacións de persoas cazando, animais, ferramentas, armas... Algúns gravados están moi gastados e míranse mellor no solpor ou no amencer; inclusive, os monitores dixéronnos que no verán hai posibilidade de facer visitas nocturnas. Estaría xenial vivir esa experiencia!

Unha actividade que causou grande admiración foi a "Exhibición de lume". A partir dun arco, un pau, un óso (para non facerse dano na man), unha folla e herba seca, os monitores lograron facer lume fretando o arco co pau. Foi chulísimo!

Unha actividade que causou grande admiración foi a "Exhibición de lume". A partir dun arco, un pau, un óso (para non facerse dano na man), unha folla e herba seca, os monitores lograron facer lume fretando o arco co pau. Foi chulísimo!
"Cerámica coas mans" é o título do obradoiro no que participamos no interior do edificio. Gustounos moitísimo moldear coas nosas propias mans un anaco de barro e facer cuncas e xerros que decoramos con cunchas, tapas de rotuladores e anacos de madeira con distintos sucos. Entregámonos con gusto e puxemos as nosas mans no barro con moi boa intención e moitísima atención, mais comprobamos que esta labor ten as súas dificultades pois sucedía que o barro rompía ou non lograbamos facer o que queriamos. Pero, claro, era a primeira vez e non podía saír perfecto. Seguro que a próxima saen mellor; é cousa de seguir probando e experimentando.
Cerca de onde merendamos e comemos había un labirinto, inspirado nun petróglifo, no que puidemos xogar entrando e saíndo polos seus caminiños. Unha gozada!
Antes de despedírmonos, os guías regaláronnos uns carnets de expertos en petróglifos que nos garantizan visita gratuíta ao Parque durante este ano. Que sorte temos!
Etiquetas:
ALFIN,
biblioteca,
C. Naturais,
C. Sociais,
cultura,
curso 2017/2018,
EDLG,
lingua galega,
obradoiro,
petróglifos,
Prehistoria,
proxectos,
saídas,
valores,
visitas
lunes, 18 de junio de 2018
A PREHISTORIA!!!
Como proxecto neste terceiro trimestre estivemos traballando A Prehistoria nas Ciencias Sociais.
Investigamos, recollemos información, plasmámola a nivel plástico e escrito. Coa axuda das nosas titoras fixemos unha liña do tempo no noso corredor, engadimos un esquema coas ideas principais das tres etapas da Prehistoria (Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais) e elaboramos unha réplica dunha cova na que puxemos distintas pinturas rupestres realizadas con pigmentos naturais.
Etiquetas:
2017-18,
4º,
4º curso,
biblioteca,
C. Naturais,
C. Sociais,
EDLG,
exposición,
Galicia,
informática,
lingua galega,
petróglifos,
Prehistoria
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












































