O pasado xoves, o alumnado de 4º de Primaria participou na actividade de Xogade "Atletismo en pista" no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra xunto con outros centros da localidade.
Moitísimas grazas!
Unha gozosa xornada!
O pasado xoves, o alumnado de 4º de Primaria participou na actividade de Xogade "Atletismo en pista" no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra xunto con outros centros da localidade.
Moitísimas grazas!
Unha gozosa xornada!
O alumnado de 3º de Primaria desprazouse na mañá de hoxe ao Pavillón dos Deportes de Pontevedra para participar na xornada deportiva xunto con alumnado doutros centros que cursan o mesmo nivel.
Moitísimas grazas!
Unha xornada intensa e moi gozosa!
O alumnado de 3º e 4º de Primaria segue preparándose para as xornadas intercentros. A pasada semana visitáronnos do Clube de Rugby ..... de Pontevedra para coñecer a modalidade deportiva de Rugby Tag.
Moitísimas grazas!!
Pasámolo xenial!!
O alumnado de 3º recibíu nocións básicas de xadrez nunha interesante sesión a cargo da Escola de Xadrez de Pontevedra.
Puideron practicar tamén nas aulas do aprendido na xornada, durante a hora de ler.
Moitas grazas!
O alumnado de 3º de Primaria segue recibindo visitas de entrenadores profesionais durante as sesións de EF para así prepararse de cara á gran xornada deportiva que disfrutarán en Pontevedra en vindeiras datas.
Moitas grazas por visitar o noso centro!
O alumnado de 3º de Primaria gozou a pasada semana dunha magnífica xornada deportiva e de convivencia no Pavillón Municipal onde recibiron, como grandes anfitrións, aos compañeiros e compañeiras de nivel do CEIP Isidora Riestra de Poio.
Ata pronto!
Fantástica xornada multideportiva XOGADE INTERCENTROS, desenvolvida en Pontevedra polo noso alumnado de 4º de Primaria co alumnado anfitrión do CEIP Froebel.
Unha auténtica gozada de mañá, onde os obxectivos lúdicos e de convivencia priorizaron en todo momento sobre os competitivos.
Xogadores da SD Teucro de Pontevedra achegáronse ata Barro para manter un interesante encontro deportivo co alumnado de 3º e 4º de Primaria. En primeiro lugar, explicaron as reglas básicas do balonmán para, seguidamente, poñelas en práctica na pista, abrindo así o abano de posibilidades motrices das nenas e nenos, que se divertiron un montón.
Moitísimas grazas!!!