jueves, 22 de diciembre de 2016

ELABORACIÓN DE XOGUETES

Dentro do proxecto de reciclaxe que este ano estamos realizando no noso cole, o alumnado de 3º e 4º curso imos facer unha exposción de xoguetes feitos con materiais de reciclaxe, de refugallo.
As mestras pedíron como traballo para este Nadal investigar e elaborar un destes xoguetes.
Para poder realizalo debemos investigar e para eso propoñemos a realización desta tarefa - webquest. Movédevos entre as pestanas da webquest para seguir o voso proxecto.

https://sites.google.com/site/barrroreu/

Recordade que debedes traer o voso xoguete construído á volta das vacacións de Nadal.

viernes, 25 de noviembre de 2016

COÑECEMOS O NOSO CORPO

 
Durante este tempo, os alumnos e as alumnas de 3º, estivemos traballando en ciencias o corpo humano. Fixemos moitísimo traballo e moito aprendemos que tamén é importante.

Imos a ensinarvos algunhas fotografías dun móbil do esqueleto (que por certo nos dou un gran traballo) ao que lle fumos engadindo, nomes de ósos, músculos, nomes de músculos, aparatos, etc para aprender dunha forma máis lúdica. A ver que vos parece!!!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 17 de noviembre de 2016

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E HÁBITOS SAUDABLES


Estos días, aos alumnos e alumnas de 3º,  acompañounos en dúas sesións a persoa encargada do programa de drogodependecias do concello.

Con ela estivemos traballando na primeira sesión as habilidades sociais, a autoestima e a empatía. E a segunda sesión estivo máis relacionada coa saúde e os hábitos de vida saudable.

Aquí vos deixamos unha serie de fotos deste obradoiro.

























jueves, 10 de noviembre de 2016

miércoles, 9 de noviembre de 2016

Traballo de Investigación "Pilla Piollos"

Aquí temos o resultado do pequeno traballo de investigación que fixemos @s alumn@s de 4º sobre os Piollos.
Por unanimidade a este traballo puxémoslle o título de "Pilla Piollos".
Neste enlace podedes ver o libro que fixemos.

martes, 8 de noviembre de 2016

SAMAÍN

Con motivo da celebración do Samaín no colexio fixemos moitas manualidades. Aquí temos algunhas delas ...



viernes, 21 de octubre de 2016

LEMOS A ROALD DAHL


Este ano celebramos o centenario de Roald Dalh .Os alumn@s de 4º curso escollemos  "Superzorro" unha das súas obras.

Portada do libro.
Fragmento do conto.
Este foi o mural que fixo o alumnado de 4º.
Encantounos a todos...

jueves, 9 de junio de 2016

Dúbidas co Aeroday

Algunhas personas están a preguntar dúbidas sobre o concurso Aeroday, así que imos aclarar un par de cousas:

1ª) Como se explica no reglamento, os avións das modalidades que teñen que voar hai que entregalos por anticipado: con deixalos na aula de 4º o luns día 13 é suficiente. Os avións da modalide tuning non se entregan antes por varios motivos: para non estropear as decoracións, para conservar o factor sorpresa,...

2º) A ficha de inscripción ten tres recadros, un por cada modalidade, que teñen que estar cubertos para poder participar. Obviamente os verificadores deixarán unha marxe de erro (ninguén vai ser descalificado por un par de milímetros), pero si que aplicarán unha penalización polos datos que estén claramente incorrectos (-1m por cada un), ou directamente impedirán participar ós que directamente non respondan.

3º) O modelo de avión en calquera das tres modalidades é libre (e a cor do folio tamén). É máis, animámosvos a que fagades deseños complexos, variados, innovadores,... Como moitos/as só dominades o modelo dart, tamén chamado arrow (dardo ou frecha), imos facer unha recomendación: visitade as seguintes páxinas web... e deixade voar a vosa imaxinación.



miércoles, 8 de junio de 2016

Aeroday

O alumnado de 4ª de primaria organizou un pequeno concurso de avións de papel, que terá lugar o vindeiro martes día 14 de xuño, no Pabellón de Barro. Hai tres modalidades de participación:
  • DIN-A Jet, que consiste en facer un avión cun folio e lanzalo, gañando o que chegue máis lonxe.
  • Tuning, na que o importante é a decoración e a complexidade do avión (sen ter que lanzalo), e que será valorado por un xurado
  • XS-XL, na que propoñemos un reto: facer o avión máis grande e o máis pequeno posible, que consiga voar unha distancia mínima.

Poderán participar o alumnado de 4º, 5º e 6º, ademais dos adultos que o desexen. Para inscribirse haberá que cubrir a ficha de inscrición, cos datos e cálculos correspondentes (este é un requisito impresncible), e deixala na aula de 4º ata o día 13 de xuño. Tedes a información completa nas bases que podes consultar a continuación (ou descargar aquí):

sábado, 4 de junio de 2016

DANIEL MOREIRAS E IVÁN CAPÓN RECOLLEN O PREMIO MIMI

     O luns 30 de maio, dous integrantes de Páramo Pictures, Daniel Moreiras e Iván Capón,  viñeron ata Barro para recoller o VIII PREMIO MIMI.
     Pasámolo xenial batendo palmas, cantando e, sobre todo, rindo. Podedes comprobalo premendo no enlace do blogue da biblioteca:


    Foi emocionante subir ao escenario e facermos unha foto con eles. Que pena que non puidera vir María Portero ! 
     
     

     

martes, 31 de mayo de 2016

Seres mitolóxicos


Nas aulas de 3º curso decidimos traballar o proxecto "Menuda bichería" cunha perspectiva diferente; investigamos e coñecimos a Mitoloxía e así aprendimos sobre "Seres mitolóxicos"co que titulamos o noso proxecto.


Aprendimos a debuxar estes "bichos" ou "seres", escribimos o aprendido e elaboramos uns murais que seguro mirastes no corredor de dirección.


Deixamos todo recollido nun libro que dixitalizamos e vos amosamos, o orixinal en papel estará en breve na biblioteca.

lunes, 30 de mayo de 2016

Bichería audiovisual

Como sabedes, este ano todos os cursos estivemos facendo traballos sobre o tema do ano: "Menuda bichería". No 2º ciclo fixemos unha interpretación do tema algo máis aberta, e apostamos por aprender sobre animais mitolóxicos co mural de "Menudos bichos" de 3º, e sobre animais e bichos imaxinarios en 4º coa "Bichería audiovisual".

Deixámosvos a presentación que usamos na exposición deste último traballo sobre bichos "que viven nas nosas pantallas de televisión e de ordenador", por si queredes probar a ver si alguén que coñezades acerta algún! E lembrade que no libro que elaboramos en papel (que en breve estará na biblioteca), hai máis bichos para adiviñar.

miércoles, 11 de mayo de 2016

Gañadores do concurso "Cóntame un conto veciño"


Chegaron noticias ao noso centro da resolución do concurso que convocan os concellos de Barro e Portas que deixa como finalista na categoría de 2º ciclo de Primaria (3º e 4º cursos) ao alumno de 3º Aitor Fernández Castro co seu conto "Os cinco piratas do capitán"

Tamén resultou premiado o relato que presentou o profe Fran na categoría de Adultos, baixo o título "A misión"

NORABOA  A  AMBOS OS DOUS !!


Para ter máis información, preme no enlace e le no blog da biblioteca:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/contame-un-conto-vecino-publicada.html

viernes, 6 de mayo de 2016

PÁRAMO PICTURES: Gañadora do VIII Premio MIMI

     A produtora independente de Lugo, PÁRAMO PICTURES, resultou a gañadora nesta VIII edición do Premio MIMI.

     PARABÉNS ! ! !

    Si premedes na imaxe seguinte podedes ver o vídeo e seguir todo o proceso de exposición de candidaturas a cargo d@s alumn@s de 5º, as votacións e o reconto de votos:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/na-viii-edicion-ganou.html


sábado, 16 de abril de 2016

CONCURSO DE MICROPOEMAS

   As nosas compañeiras MATILDE SÁNCHEZ CASAL (de 3º) e SARA CASALDERREY MAGDALENA (de 4º) quedaron finalistas no VIII Concurso de Micropoemas convocado pola Coordinadora de Normalización e Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia". 

     E a gañadora na categoría B2 resultou ser: SARA CASALDERREY MAGDALENA.

     MOITOS PARABÉNS !

    Sigamos creando, sigamos avanzando.







IV CERTAME DE RELATO CURTO

     ELIA PUDDU SANMARTÍN (de 6º) e ALBA VILLAR CRUGEIRAS (de 4º) quedaron finalistas no IV Certame de Relato Curto convocado pola FANPA (Federación de Nais e Pais de Alumn@s).
     Polo de pronto, recibirán o seu merecido diploma e a divulgación das súas obras, ademais de optar a ser gañadoras da súa categoría. 

     BRAVÍSIMO, CHICAS !

     MOITÍSIMA SORTE !

    E MOITAS GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES !






martes, 2 de febrero de 2016

ODAIKO PERCUSSION GROUP

     Onte, día 1 de febreiro, @s alumn@s de 3º e 4º chegamos moi nervios@s ao colexio porque iamos a Pontevedra, a ver "Cousas de 4" de ODAIKO PERCUSSION GROUP.
    No autobús, sentámonos por parellas e gozamos dunha preciosa paisaxe con árbores, montañas, casas e ríos. Chamounos moito a atención un avión aparcado na beira da estrada e pareceunos espectaculares todas as pontes que hai sobre o río Lérez.
     Ao chegar, o autobús deixounos na praza de Galicia e fomos camiñando ata a sede de Afundación.
    No vestíbulo, admiramos unhas esculturas grandísimas antes de acomodarnos nas nosas butacas.


     O espectáculo musical estivo protagonizado por catro músicos que se chaman Juan Collazo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso e Antonio Ocampo. Eles tocaron, cantaron e fixeron teatro con moita graza. Non parabamos de rir. Que paveros!


   Utilizaron percusión corporal, instrumentos tradicionais como a marimba, a pandeireta ou as tarrañolas; xoguetes, coma o clásico martelo sonoro dos paiasos; utensilios de uso cotián como unha tixola ou unha culler; e obxectos de plástico como barrís e tubos de diferentes cores e tamaños.


     Nun momento da actuación pediron catro voluntari@s para acompañalos no escenario. Todos nós levantamos a man pero non nos escolleron. Que se lle vai facer! Outra vez será!


     Foi un espectáculo alucinante. Especialmente cando apagaron as luces e tocaron cunhas baquetas que brillaban na escuridade. Unha auténtica pasada!
     Á saída, agasalláronnos cunhas pegatinas co nome do grupo. 
     Que ben o pasamos!
     Oxalá poidamos velos de novo!


sábado, 30 de enero de 2016

PasaPAZlabra

Con motivo da celebración do Día da Paz, os alumnos da materia de Valores sociais e cívicos crearon un pequeno xogo imitando o famoso Pasapalabra da televisión.  O venres foron polas aulas de 4º, 5º e 6º, e fixeron de presentadores/as e técnicos para que todos/as puidesen participar. Agora están en proceso de corrección, e en breve dirán quenes foron os gañadores en cada curso. 

Se queres probalo agora, ou reintentalo, aquí o deixamos. Vai pulsando a flecha e irán aparecendo as definicións, e lembra: todas as palabras teñen que ver coa paz!