Mostrando entradas con la etiqueta fotografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fotografía. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de abril de 2020

Museo Amor Ruibal!

Benvidas e benvidos ao  Museo Amor Ruibal!

As nenos e nenas de 4º  invítanvos a pasar polas súas galerías cheas de arte, onde podedes ver as divertidas e modernas recreacións dalgúns dos cadros máis afamados do mundo!

Subídelle o volume, para escoitar o Minueto de Boccherini e gozade con estas e estes artistas!!

Isto si que é amor a arte!!! 


#euquedonacasa

miércoles, 27 de marzo de 2019

Xornada artística en Pontevedra

Hoxe, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria celebrouno na Sede Afundación de Pontevedra, coa divertida comedia `Bon Appètit´ dos Ghazafellos, unha mestura de teatro, música e monicreques cun texto de enredo con moito xogo de palabras.


Logo, o grupo merendou e xogou na Praza da Liberdade.


E, no Café Moderno, as nenas e nenos asistiron á visita guiada á fantástica exposición fotográfica `Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo´ de Xosé Abad, con obradoiros didácticos moi entretidos.



Unha xornada moi artística!!!

jueves, 18 de octubre de 2018

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA PISCIS

Os nenos e nenas de 3º visitamos a exposición "Piscis" na que observamos distintas maneiras nas que se manifesta a auga. Plasmamos nuns debuxos as obras que máis nos gustaron.

miércoles, 11 de abril de 2018

RUTH MATILDA ANDERSON E NA PERCURA DO TESOURO

O venres 6 de abril, as alumnas e os alumnos de 3º e 4º de Primaria fixemos unha saída a Pontevedra.


Primeiro fomos ao Café Moderno para participar nun obradoiro, onde elaboramos un boneco articulado que representaba a un neno chamado Antón, fillo dun afiador deses antigos que percorrían as vilas para afiar coitelos, arranxar paraugas...

Gozamos, tamén, dunha visita guiada pola exposición fotográfica Unha mirada de antano de Ruth Matilda Anderson.



Esta fotógrafa, nada en New York, chegou ao porto de Vigo unha mañá de agosto de 1.924. 

Percorreu Galicia ata 1.926, a pé ou en carro, chegando a lugares de difícil acceso, e tomou miles de fotografías. Na exposición puidemos contemplar a vida, a paisaxe e os costumes galegos daquela época (traballos, vestimenta, festas...). 

Logo merendamos nunha sala do Café Moderno. Como chovía, a monitora e o monitor deixáronnos quedar alí ben quentiñas e quentiños.

Ao rematarmos, achegámonos ata a Sede Afundación para asistir ao musical Na percura do tesouro de Os Gaiteiros da Xistra. Ao tempo que presentaban instrumentos típicos da música tradicional galega como a requinta, o acordeón ou a zanfona, contáronnos a lenda da moura que, ao final, se converte nunha muller real cando o mozo co que fala, Xurxo, supera todas as probas que lle propón grazas á axuda dos seus amigos e, sobre todo, da súa amiga Sandra. Isto nos ensina a importancia do traballo en equipo e de que os tesouros non sempre son cousas materiais.


A nosa compañeira Alba tivo a sorte de que a escolleran para subir ao escenario. Vaia potra!


Gustounos todo moitísimo!

Pasámolo xenial!

martes, 28 de noviembre de 2017

RUBICUNDO E MÁIS

     O mércores 22 de novembro, os alumnos e alumnas de 3º e 4º achegámonos a Pontevedra para gozar dunha mañá especial.
     Primeiro fomos ao Café Moderno onde nos recibiu Catalina e María.
   Catalina encargouse de nos acompañar pola exposición Fotógrafos da Natureza 2016: Unha auténtica marabilla! Vimos animais de todo tipo nos seus ambientes: Leóns, osos, pingüíns, hámsters, orcas, elefantes, babosas. . . 


     Fixemos tamén un xogo de pistas repartidos en cinco grupos: Os Vagobasura, O Botellón tóxico, Os deshidratados, Os electrodependentes e Os adictos ao papel. Non pensedes que foi doado. Diso nada! Catalina deu a cada grupo un cuestionario con preguntas relacionadas coas fotografías expostas. Buf! Había algunhas preguntas súper, pero súper-súper dificilísimas! Menos mal que ela botou unha man e resolveu todas as nosas dúbidas.


    María foi a encargada de nos desenvolver uns experimentos moi chulos sobre a atmosfera, a capa de ozono e os problemas da contaminación. Encantáronnos !


     Logo da merenda na praza de San Xosé (xa sabedes: a que ten unhas esculturas con persoeiros galegos famosos) acomodámonos no auditorio da Sede Afundación para ver Rubicundo, unha obra representada por Teatro dos Ghazafelhos. Está baseada no conto homónimo da escritora María Canosa, finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014.

     Protagonizado por Erea, Darío e Rubicundo, o espectáculo vai da amizade e tamén da curiosidade que nos leva a querer saber cousas. Non faltou a música e, sobre todo, o humor. Ás veces non parabamos de rir, especialmente cando lle tiraron o café a Rubicundo ou cando Darío fixo de Xulieta ou . . . Non, non. Non imos contar máis. Mellor é que a vexades por vós mesmos. É moi divertida.




Pasámolo xenial !

     

lunes, 8 de mayo de 2017

EXPOSICIÓN "DE PONTEVEDRA A RÍO 2016" E CHARLA SOBRE FAIR PLAY

     O mércores 3 de maio, o alumnado de 3º e 4º asistiu ao Concello para ver a exposición "De Pontevedra a Río 2016" e para saber o que significa o Fair Play.


     José Sanmartín que, ademais de tenente de alcalde é o Presidente de Barro C.F., explicounos unha chea de cousas sobre os deportes e deportistas que aparecían nos enormes cartaces da exposición. E, xunto a Jaime Otero, que é o Delegado de Pontevedra da Federación Galega de Fútbol, e Daniel Montoto, que é árbitro, falaron da importancia do Fair Play ou xogo limpo en calquera tipo de deporte e na vida diaria. Basicamente consiste en non facer trampas, preocuparse d@s demais e non só de nós, saber gañar, saber perder e esforzarse sempre, sempre, sempre por facer as cousas o mellor posible, aínda que non academos os resultados esperados.


ENCANTOUNOS ! ! !

MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !