Mostrando entradas con la etiqueta curso 2021-22. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2021-22. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de junio de 2022

LAPBOOKS COMUNIDADES AUTÓNOMAS



En Ciencias Sociais, as nenas e nenos de 4º estiveron traballando as Comunidades Autónomas. Despois das investigacións desenvolvidas nas súas casas coa sempre agradecida axuda das familias, plasmaron todo o aprendido nuns estupendos lapbooks dos cales vos deixamos a mostra. Esperamos que vos gusten!

viernes, 8 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE


PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (7 DE ABRIL) OS NENOS E NENAS DE 4º E.P. ELABORARON COMO PRODUTO FINAL DO PROXECTO DA SAÚDE UN DÍPTICO PARA TODO O ALUMNADO DO COLE.


Picando na imaxe podedes ler o díptico:










viernes, 25 de febrero de 2022

O ENTROIDO DE 4º

HOXE DESFRUTAMOS O ENTROIDO CO NOSO DISFRAZ FAVORITO. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA ...

QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!!!




















DENDE A CASA TAMÉN O ESTAMOS DISFRUTANDO!!!!!!!






















viernes, 31 de diciembre de 2021

"AS ENTREVISTAS DE 4ºA"


O alumnado de 4ºA arranca este trimestre cun programa moi interesante de entrevistas. Esta é a súa primeira entrega pero, seguramente, ao longo do curso presentarán máis edicións interesantes.

Esperamos que o desfrutedes tanto como elas e eles facendo todo o proceso que foi moi laborioso pero tamén moi gratificante.


miércoles, 22 de diciembre de 2021

INVESTIGAMOS OS ÓRGANOS DOS SENTIDOS

OS NENOS E NENAS DE 4º A  ESTIVERON INVESTIGANDO E TRABALLANDO OS ÓRGANOS DOS SENTIDOS . CON TODO O TRABALLADO ELABORARON UNS XEITOSOS LAPBOOKS QUE DESPOIS EXPLICARON AO RESTO DE COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CLASE.

DEIXAMOS UNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES O SEU TRABALLO.











martes, 21 de diciembre de 2021

Fantásticas maquetas do sistema solar - 3ºB

As nenas e nenos de 3ºB investigaron neste primeiro trimestre acerca do sistema solar e, para iso, empregaron a realidade aumentada, entre outros recursos. Para culminar o trimestre, decidiron facer unhas maquetas do sistema solar. 

Ademais, os planetas e as etiquetas que os identifican están pegados con velcro, permitindo que cada maqueta se converta nun divertido xogo! 2 en 1! Para iso, en cada unha das órbitas, hai un código QR que, ao escanealo, as nenas e nenos escoitarán as súas propias gravacións con pistas acerca do planeta que deben colocar. Soa divertido, verdade?















EN CUARTO CELEBRAMOS O FIN DE ANO!!!

 Deixámosvos unha mostra de fotos do ben que o pasamos hoxe as nenos e nenos de 4º de Primaria.












FELIZ FIN DE ANO FAMILIAS!!!