Mostrando entradas con la etiqueta 2016-17. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 2016-17. Mostrar todas las entradas

viernes, 23 de junio de 2017

QUE ANIMAL ES?

As nenas e nenos de terceiro estiveron facendo un proxecto xenial sobre os animais. Aprenderon moítisimas cousas interesantes sobre eles.

De cada un dos animais que lle tocou a cada un/unha tiveron que investigar en distas fontes escritas e audiovisuais. Despois de seleccionar a información, plasmáronna en distintas follas deseñadas para formar os libros que levan por título: "Que animal es?"

Cando os libros estiveron rematados, prepararon unha presentación do traballo realizado e invitaron aos seus/súas compañeiros/as á biblioteca do colexio para disfrutar e coñecer un pouco máis de animais coñecidos e non tan coñecidos.

A continuación podedes ver unhas fotos do traballo ben feito:



jueves, 8 de junio de 2017

Traballos do alumnado de 4º A e B con máquinas simples.

Manualidades realizadas polo alumnado para traballar a polea, o plano inclinado e a panca:
Daniel unha panca e polea
Matilde traballou a polea.

Pablo e Martín a polea.

Alberto o plano inclinado.
Natalia e Nerea a polea.


Un dos grupos amosando os seus traballos.

Alicia traballou a polea.
Martín a polea.


Lorena o plano inclinado.
Martín o plano inclinado.
Gabriel a polea.
Matilde o plano inclinado.


Uxía o plano inclinado e a polea
Marcos presentou este proxecto coa polea


Iván o plano inclinado
Érika a polea.


Traballos do alumnado de 4º do mapa de España


Estes son dous dos exemplos das manualidades que fixo o alumnado de 4º para traballar o mapa de España




Traballo feito polo alumnado de 4º para recoñecer as Comunidades Autómomas. 

Este outro taballo do alumnado de 4º é para recoñecer os principais ríos de España

sábado, 27 de mayo de 2017

FINALISTAS NO CONCURSO DE CARTEIS

Resolveuse xa (despois dunha difícil fase de selección) o concurso de carteis do noso Proxecto Documental BARRRO.
En 3º curso de Primaria o cartel seleccionado foi o de MANUELA COYA.


En 4º curso foi finalista o cartel realizado por:
NATALIA GARCÍA, MARTÍN CRESPO, ÁFRICA LEDE  e  MICAELA FARIÑA.


Podedes ler máis sobre este concurso e mirar o cartel gañador no blog da biblioteca:
https://oblogdemimi.blogspot.com.es/2017/05/resolto-o-concurso-de-cartaces-barrro.html

GRAZAS A TODOS E TODAS POR PARTICIPAR!!
PARABÉNS AOS SELECCIONADOS!!

sábado, 29 de abril de 2017

CHARLA "A VOLTAS COA COMPOSTAXE"

Esta semana recibimos no colexio a visita de Manolo, biólogo do equipo didáctico do CEIDA  dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que nos ofreceu a charla "A voltas coa compostaxe" na que abordou a problemática dos resíduos e do seu tratamento.
Falamos da 3Rs (Reducir, Reciclar e Reutilizar) base do noso Proxecto este curso e da compostaxe (Revitalizar) para contribuir a unha xestión de resíduos respetuosa co medio ambiente.
No blog da biblioteca podedes ver o vídeo resumo de esta semana de obradoiros.


lunes, 27 de marzo de 2017

XOGUETES BARRRO no Salón do libro.

O noso libro do Proxecto "BARRO cos 3 Rs" e que leva por título "Xoguetes BARRRO SL" está exposto, entre máis de 50 traballos de centros escolares, no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Ofrecemos a continuación o formato dixital do mesmo libro, fraccionado por aulas para facilitar a lectura.




O traballo de redación foi desempeñado nas aulas das titoras en 3º nivel e compartido entre as titoras e a mestra de ALFIN (na aula de informática) en 4º nivel de Primaria.


NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!





domingo, 12 de febrero de 2017

A PLANTAR...PLANTAS

Os nenos e nenas de terceiro de primaria estamos a traballar coas plantas, e que mellor forma de aprender ... que plantar plantas!!!!













viernes, 10 de febrero de 2017

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA ... MÁIS OBRADOIRO!!

     O alumnado de 3º e 4º de primaria viaxou o martes pasado a Pontevedra para participar nun obradoiro de arquitectura e no musical "Sandra e Meirol en Xistralia" onde puideron coñecer distintos instrumentos típicos galegos. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron e aprenderon...


 
 

Neste obradoiro, deseñaron por equipos as súas aulas ideais. E saíron deseños moi orixinais...

No musical "Sandra e Meirol en Xistralia" contáronnos a viaxe de Sandra a terra de Xistralia (na fronteira con Portugal) onde durante as festas da Coca o dragón de dúas cabezas secuestrara a todos os nenos e nenas da vila. Entón, Sandra e o caracol Meirol, que nos foi ensinando distintos instrumentos musicais, conseguiron que o dragón liberara aos nenos e celebrar todos xuntos a festa da Coca.

Aquí vos deixamos unhas fotos...





viernes, 20 de enero de 2017

OS XOGUETES CHEGAN Á ESCOLA.

A rapazada toda de 3º e 4º de Primaria traballou arreo durante o Nadal para preparar o seu xoguete. Levaron información dos libros da nosa Biblioteca, investigaron en internet, pediron axuda aos maiores, ... todo para cumplir coa proposta que fixemos para o noso Proxecto "BARRRO cos 3 Rs".
Quedaron chulísimos! 
Aí quedan estas fotografías para testemuña, en canto o proxecto tome forma amosaremos máis.






MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS POLO VOSO TRABALLO!!

jueves, 22 de diciembre de 2016

ELABORACIÓN DE XOGUETES

Dentro do proxecto de reciclaxe que este ano estamos realizando no noso cole, o alumnado de 3º e 4º curso imos facer unha exposción de xoguetes feitos con materiais de reciclaxe, de refugallo.
As mestras pedíron como traballo para este Nadal investigar e elaborar un destes xoguetes.
Para poder realizalo debemos investigar e para eso propoñemos a realización desta tarefa - webquest. Movédevos entre as pestanas da webquest para seguir o voso proxecto.

https://sites.google.com/site/barrroreu/

Recordade que debedes traer o voso xoguete construído á volta das vacacións de Nadal.

viernes, 25 de noviembre de 2016

COÑECEMOS O NOSO CORPO

 
Durante este tempo, os alumnos e as alumnas de 3º, estivemos traballando en ciencias o corpo humano. Fixemos moitísimo traballo e moito aprendemos que tamén é importante.

Imos a ensinarvos algunhas fotografías dun móbil do esqueleto (que por certo nos dou un gran traballo) ao que lle fumos engadindo, nomes de ósos, músculos, nomes de músculos, aparatos, etc para aprender dunha forma máis lúdica. A ver que vos parece!!!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 17 de noviembre de 2016

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA E HÁBITOS SAUDABLES


Estos días, aos alumnos e alumnas de 3º,  acompañounos en dúas sesións a persoa encargada do programa de drogodependecias do concello.

Con ela estivemos traballando na primeira sesión as habilidades sociais, a autoestima e a empatía. E a segunda sesión estivo máis relacionada coa saúde e os hábitos de vida saudable.

Aquí vos deixamos unha serie de fotos deste obradoiro.

























jueves, 10 de noviembre de 2016