O pasado martes, as alumnas e alumnos de cuarto de primaria realizaron unha saída didáctica ao museo de Pontevedra. Alí, realizamos un obradoiro titulado "Ferramentas da Historia".
A través das diferentes salas e das reproducións de ferramentas, repasaron as etapas da Prehistoria e a etapa da romanización en Galicia.
Foi unha mañá enriquecedora!!!
Grazas a o Museo e a Deputación de Pontevedra por posibilitar esta visita de xeito gratuito a través do programa "Coñece o Museo".


