Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de diciembre de 2022

OS SENTIDOS... EN LAPBOOKS

O ALUMNADO DE 4º B, DESPOIS DE INVESTIGAR E TRABALLAR SOBRE OS SENTIDOS, ELABOROU UNS FANTÁSTICOS LAPBOOKS ONDE PLASMOU TODO O SEU COÑECEMENTO.

UNHA VEZ FEITO ISTO, O ALUMNADO TIVO QUE PREPARAR UNHA EXPOSICIÓN ORAL DO SEU TRABALLO PARA O RESTO DAS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA MOSTRA FOTOGRÁFICA DO SEU BO FACER. 

FANTÁSTICO, RAPAZAS E RAPACES!!!


















jueves, 10 de noviembre de 2022

LAPBOOK DOS SENTIDOS!

As nenos e nenos de 4ºA estiveron investigando sobre os 5 sentidos!

Para recoller e organizar toda a información que sabían, fixeron estes creativos lapbooks onde, ademais de explicar órganos, sentidos e o seu funcionamento, faláronnos dos seus gustos.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do chulos que lles quedaron!
















miércoles, 17 de junio de 2020

GRAZAS NENOS E NENAS DE 4º

As profes de cuarto queremos despedir este curso tan atípico cun pequeno vídeo agradecendo o traballo de todos e todas nestes tempos difíciles, e dando as GRAZAS ós nosos protagonistas: as nenas e nenos de 4º de primaria.



Voltaremos vernos!!! 

GRAZAS!!!

lunes, 25 de mayo de 2020

ORIGAMI EN 4º DE PRIMARIA

As nenas e nenos de 4º adicaron esta semana pasada a elaborar figuras de Origami con papel. Os resultados son excelentes.





Parabéns

viernes, 24 de abril de 2020

Museo Amor Ruibal!

Benvidas e benvidos ao  Museo Amor Ruibal!

As nenos e nenas de 4º  invítanvos a pasar polas súas galerías cheas de arte, onde podedes ver as divertidas e modernas recreacións dalgúns dos cadros máis afamados do mundo!

Subídelle o volume, para escoitar o Minueto de Boccherini e gozade con estas e estes artistas!!

Isto si que é amor a arte!!! 


#euquedonacasa

lunes, 30 de marzo de 2020

Contacontos ambiental!!

Ola, nenos e nenas de 4º !

Hoxe imos deixarvos unha proposta para quen queira pasar a tarde dunha forma diferente.

Dende a páxina " Teachers for the future" , profesores polo futuro , lanzan iniciativas que a nós interésannos moito.



Esta tarde van emitir en directo un contacontos ambiental xunto a membros da rede de biblotecas verdes Recida, Rede de Centros de Información Ambiental, Miriam Campo Leiros  e outros colaboradores moi divertidos.  
                                          https://youtu.be/bkYhiIeHpp0 

Ademais podedes facer un resumo do conto co seu debuxo. Animádesvos a facelo?




#euquedonacasa


miércoles, 18 de marzo de 2020

É O MOMENTO!!!

Agora, máis que nunca, debemos demostrar que todos e todas levamos dentro un heroe e unha heroína.



Isto pasará, pero debemos traballar xuntos e xuntas.





ÁNIMO NENAS E NENOS!!!

#euquedonacasa

miércoles, 11 de marzo de 2020

BÚSCANSE HEROES E HEROÍNAS PARA UN MUNDO MELLOR

Co fin de traballar as descricións, o alumnado de 4º empregou a súa imaxinación para crear o seu propio heroe e a súa propia heroína.

Así, o corredor de cuarto converteuse na busca e captura deste superheroes e superheroínas.

Aquí vos deixamos os resultados:





jueves, 13 de febrero de 2020

APRENDEMOS CREANDO

Unha vez máis o alumnado de 4º puxo en práctica o aprendido nas ciencias para crear esta vez, unha maqueta na cal se mostran as capas internas da terra. Esta actividade mesturou contidos propios das ciencias, xunto con outros da área artística.

Que mellor maneira de aprender que manchándonos as mans.

 Aquí deixamos os resultados:






miércoles, 12 de febrero de 2020

Charla "PILABOT"

O alumnado de 4º nivel, responsable de poñer en marcha o concurso Pilabot, recibiu unha interesante charla sobre as pilas. Coñeceron os diferentes tipos, partes e a súa perigosidade. 

Finalmente realizaron un cuestionario grupal mediante a ferramenta kahoot, onde acertaron moitas preguntas!!

Moitas grazas @pilabotgal!!


viernes, 7 de febrero de 2020

PAZ EN TODOS OS RECUNCHOS DO MUNDO

As nenas e nenos de 4º, dentro do noso proxecto anual, estivemos traballando a conmemoración do día da Paz. Para iso, dentro do noso mapa do mundo buscamos como se di en diferentes idiomas a palabra paz, xa que consideramos que é un concepto que debe chegar a cada recuncho do mundo.

Para plasmar esta idea, aproveitamos as bandeiras elaboradas nas casas, con motivo do traballo anteriormente feito sobre diferentes lugares do mundo.



Grazas familias pola vosa colaboración!

lunes, 27 de enero de 2020

VISITA A SOGAMA

O pasado venres o alumnado de 4º, que está moi implicado co medio ambiente e a boa conservación do mesmo, visitou as instalacións de SOGAMA.

Ó chegar recibíronnos os educadores medioambientais que están ao servizo de Sogama e proporcionáronnos as explicacións  oportunas sobre o cometido desta empresa en Galicia.
Vimos a importancia de separar ben, para reciclar mellor, e quedamos abraiados/as coa montaña de lixo que alí tiñan.

Ó final da visita déronnos uns agasallos para non esquecernos nunca da importancia de reciclar nos nosos fogares.

Moitísimas grazas!




martes, 14 de enero de 2020

COÑECEMOS O MUNDO

Dentro do proxecto anual de aula, as nenas e nenos de 4º estivemos buscando información interesante sobre os distintos lugares que cada neno e nena representa dentro do seu equipo: Vilna, Berlín, Manila... Grazas a isto aprendemos cousas como: comidas típicas, idiomas, bandeiras, moedas...

Finalmente, os resultados destas investigacións foron expostos na Biblioteca do centro.


Aquí volo deixamos:

           




           
             


                                   




sábado, 21 de diciembre de 2019

AMIGO/A INVISIBLE

Chegan as festas e, dado o éxito acadado o ano pasado, as nenas e nenos de 4º volveron a intercambiar agasallos do/a amigo/a invisible. Todos eles elaborados con materiais de refugallo que reutilizaron para crear estas obras de arte.


Unha vez máis fixeron cousas moi bonitas e orixinais. Aquí as deixamos:




FELICES FESTAS!!!

sábado, 14 de diciembre de 2019

CONDUTA PAS (Protexer, Avisar e Socorrer)

As alumnas e alumnos de 4° de Primaria participaron nun obradoiro impartido por persoal da Cruz Vermella na nosa Biblioteca. Aprenderon nocións básicas de primeiros auxilios, que lles permitirá coñecer mellor as situacións máis habituais de emerxencia e como actuar con orde e serenidade ante as mesmas.


Moitísimas grazas!!!

                       Sumádevos a practicar os primeiros auxilios como estes nenos e nenas!!!





viernes, 13 de diciembre de 2019

AS FAMILIAS PARTICIPAN

Que mellor maneira de rematar o proxecto do corpo humano que manipulando e xogando cunha réplica do noso corpo. Ademais, a través deste xogo puidemos ver en 3D os órganos traballados en semanas anteriores.

Todo isto grazas á colaboración de José e a súa familia, que nos facilitaron esta magnífica actividade, permitíndonos aprender xogando.