Mostrando entradas con la etiqueta Premio MIMI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premio MIMI. Mostrar todas las entradas

martes, 30 de octubre de 2018

ENTREGA DO X PREMIO MIMI A MAMÁ CABRA

O venres 26 de outubro achegámonos ata a Nave da Música do Concello para asistir á entrega do X Premio MIMI a MAMÁ CABRA, unha banda que toca xenial. Alí estaban Harry, co violín, a gaita e o bombo, Tomi, voz cantante e guitarra e Iago, co ukelele baixo e unha coroa de cascabeis enganchada nun pé. 
Foi súper divertido, especialmente cando saiu o neno de 6º disfrazado de MIMI. Tamén súper emocionante porque puidemos ver, escoitar e cantar bonitas cancións co noso grupo musical favorito e sacar fotos no escenario con eles. Non o esqueceremos na vida!
Está moi ben isto do Premio MIMI porque podemos coñecer a persoas moi interesantes e simpáticas.

Moitísimos Parabéns, MAMÁ CABRA!

Moitísimas Grazas!



Máis información no blog de MIMI:

https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/10/entrega-do-x-premio-mimi.html


viernes, 6 de mayo de 2016

PÁRAMO PICTURES: Gañadora do VIII Premio MIMI

     A produtora independente de Lugo, PÁRAMO PICTURES, resultou a gañadora nesta VIII edición do Premio MIMI.

     PARABÉNS ! ! !

    Si premedes na imaxe seguinte podedes ver o vídeo e seguir todo o proceso de exposición de candidaturas a cargo d@s alumn@s de 5º, as votacións e o reconto de votos:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/na-viii-edicion-ganou.html


lunes, 26 de mayo de 2014

SÉS co alumnado de 3º e 4º

Sés estivo con tod@s nós o día 21 para recoller o VI Premio MIMI. Pasámolo pipa!!!! Ten un chorro de voz que debe chegar, polo menos, de aquí a Pekín. E, ademais, é moi simpática e prestouse para facer fotos con tod@s. Aquí podedes vermos con ela. A que estamos guap@s?



E asinounos un autrógrafo e todo!!!! E, para que non se estropease, na clase fixémoslle un marco que quedou chulísimo.   VIVA MIMI !!!!    VIVA SÉS !!!!                                                                                            

miércoles, 15 de mayo de 2013

Premio MIMI 2013

Aid estivo no colexio para recibir o Premio que lle concedemos. Ao final do acto fixemos unha foto con ela e nos deixou un autógrafo.