martes, 16 de junio de 2026

A nosa horta vai para casa

 Remata o cole e non imos poder coidar das plantas que plantamos no noso invernadoiro, por iso, repartimos todas as plantas e as levamos para casa para continuar coidándoas!!

 


                MARCHAMOS CARGADIÑOS E FELICES PARA CASA!

lunes, 15 de junio de 2026

Saída de fin de curso: visita á illa de San Simón

 O pasado venres, as aulas de terceiro e cuarto de primaria do cole  realizamos a nosa saída de fin de curso. Foi un día moi completiño!!

     Primerio fomos ata Vigo para coller un barco que nos levaría pola ría de Vigo ata Meirande.



                                          En Meirande visitamos o seu museo e merendamos!!

 
 

    Despois da merenda, puxemos rumbo cara a illa de San Simón. Ali realizamos diferentes actividades: visita guiada, onde poidemos coñecer a historia da illa, e, despois de comer, fixemos un xogo de pistas pola illa.


 


 PASÁMOLO XENIAL!!

viernes, 5 de junio de 2026

5-X. Día Internacional do Medioambiente

     Como ben sabedes, hoxe é o Día Internacional do Medioambiente. No cole fixemos varias actividades relacionadas con esta data. Pero, nas aulas de terceiro tivemos a oportunidade de compartir dúas sesións cunha bióloga que traballa no CIF de Lourizán. 

    María Eugenia Miranda Fontaíña leva moitos anos estudando as árbores autóctonas galegas, entre os seus proxectos atópase un baseado no estudo das cerdeiras.  


     Tróuxonos diverso material e mostrounos como xerminan pequenas cerdeiras "in vitro"e  como son os coidados ata chegar a ser plantadas no solo.


     Explicounos que significa cada anel no corte dun tronco, como é a madeira da cerdeira e que probas fan para darlle o maior número de usos industriais. 

    Para rematar, poidemos facerlle unha breve entrevista e quedamos marabillados do seu saber!

                     Como hoxe foi un día de sorpresas, María traía unha con ela...


    Regalounos unha cerdeiriña que, xa transplantamos, e que teremos que coidar moi ben para poder plantala o ano que vén!
 
    Por último, contarvos que María Eugenia é a nai da nosa profe de sexto de primaria, María, e que, grazas a súa xestión, hoxe poido estar con nós. Moitas grazas, profe!!
 
GRAZAS, MARÍA EUGENIA, POR VIR ATA O NOSO COLE E ENSINARNOS O TEU TRABALLO XUNT@S FACEMOS CAMIÑO!!