PARABÉNS ARTISTAS POR TODO O TRABALLO!
Mostrando entradas con la etiqueta educación artística. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación artística. Mostrar todas las entradas
martes, 16 de junio de 2020
Manualidades bonitas con materiais do entorno.
Para pechar o curso na área de Plástica, o alumnado de 4º empregou materiais do seu entorno natural para desenvolver a súa creatividade , e así realizar estas fermosas creacións.
PARABÉNS ARTISTAS POR TODO O TRABALLO!
PARABÉNS ARTISTAS POR TODO O TRABALLO!
Etiquetas:
4º curso,
arte,
As familias contan,
BARRRO,
biblioteca,
C. Naturais,
Colaboracións,
creatividade,
curso 2019-20,
dinamización,
EDLG,
educación artística
sábado, 29 de febrero de 2020
"El Principito"
"El Principito", a novela escrita por Antoine de Saint- Exupéry, é un dos libros máis lido de todos os tempos e está traducido a 250 idiomas e dialectos.
Como é un libro imprescindible para os nenas e nenas, na clase de Valores de 3°A, estamos desfrutando coa súa lectura e aprendendo das leccións de vida e dos valores que transmite.
Así de orgullosos e orgullosas mostraban o seu mural!
miércoles, 27 de noviembre de 2019
CHEGOU O OUTONO
O outono chegou ao cole de Barro e, para celebralo, o alumnado de 4º de primaria elaborou nas clases de educación artística uns bonitos mouchos e unha decoración magosteira dacordo coa celebración da que gozamos hai uns días.
miércoles, 19 de junio de 2019
MARTIÑO E O CAMIÑO. Unha bandeira para Martiño
Durante o proxecto `Martiño e o Camiño´, ocorréusenos que, para a súa peregrinación a Santiago, Martiño debería levar con el unha bandeira que o identificase. Así que, puxémonos mans a obra e deseñamos unhas bandeiras ven chulas que podedes ver neste documento:
Ademais, coa axuda dunha app de Realidade Aumentada chamada Quiver, conseguimos que esas bandeiras tomasen vida e ondeasen coma se fosen de verdade. Animádevos a facer vós a proba usando o pdf que aparece máis arriba!
Etiquetas:
2018-2019,
3º e 4º,
ALFIN,
biblioteca,
ciencias,
curso 2018/19,
EDLG,
educación artística,
inglés,
lingua galega,
Martiño,
Martiño e o Camiño,
plástica,
producións propias,
Realidade Aumentada,
Robótica
viernes, 7 de junio de 2019
A creatividade nas ciencias
Nestes últimos meses os cativos e cativas de 3º estiveron realizando distintos traballos sobre temáticas relacionados coas ciencias.
Traballaron temas como as enerxías renovables e non renovables, as liñas do tempo e as consecuencias da catástrofe do Prestige entre outras.
viernes, 3 de mayo de 2019
Palabras máxicas!
Sen dúbida, escoitar uns «bos días», «grazas», «perdón» ou «por favor» dunha persoa cambia por completo a percepción que se ten sobre ela.
Isto aínda é máis importante nos nosos nenos e nenas, xa que aumenta o seu nivel de socialización e permite unha mellor convivencia. Para iso, o alumnado de 3° creou con elas unhas fermosas decoracións. Saben que
as palabras máxicas son como chaves que abren as portas ás demais persoas.
![]() |
viernes, 22 de febrero de 2019
As paisaxes de Galicia
Estas semanas, as rapazas e rapaces de 4º de Primaria estivemos estudando as paisaxes de Galicia a partires dun reto que nos propuxo a pirata Mimi. Nunha carta, dicíanos que para ser bos grumetes é necesario coñecer o territorio que se vai explorar e que, para iso, o mellor é comezar pola nosa terra. Así que pediunos que realizásemos un caderno de campo sobre Galicia e este é o resultado.
Quedáronnos ben xeitosos, non si?
Ademais, ao investigarmos sobre as paisaxes galegas, tivemos a oportunidade de observar distintas formas de representar o relevo, e descubrimos unha app que nos permite converter mapas de curvas de niveis en imaxes 3D.
Axiña puxémonos mans a obra e descubrimos unha aplicación creativa a esta ferramenta. Creamos os nosos propios mapas, simplemente coa axuda dun folio e un rotulador negro e, logo, convertémolos en mapas 3D grazas a axuda da app LandscapAR.
Fixádevos nas imaxes! Que illas e montañas tan curiosas creamos!
Se queredes tamén crear os vosos propios mapas, só tedes que vir pola aula de 4º de Primaria ou pola Biblioteca do noso centro, onde estaremos encantadas de explicarvos o sinxelo que é crear estes interesantes mapas e tamén poderedes descubir todos os deseños que fixemos.
Agardamos as vosas visitas!!!
Etiquetas:
4º,
4º curso,
apps,
biblioteca,
C. Sociais,
ciencia en galego,
ciencias,
creatividade,
curso 2018/19,
EDLG,
educación artística,
Galicia,
lingua galega,
producións propias
martes, 8 de enero de 2019
O Nadal chegou
As datas máis especiais do ano chegaron, e o noso alumnado de terceiro de primaria quixo celebralas. Para iso fixeron distintas manualidades, tanto para decorar as súas árbores como para ambientar o centro. Ademais non se puideron olvidar dos seus seres queridos, e elaboraron unhas postais onde lle contaron o moito que os queren.
viernes, 23 de noviembre de 2018
Creamos un taumatropo
Estes días nas clases de plástica de 3º e 4º aprendemos a crear un xoguete chamado taumatropo que se basea no engano da nosa vista ao facer xirar rapidamente o disco de cartón que contén unha imaxe en cada cara e que durante o xiro se superpoñen creando unha única imaxe. Ademais, como o 25N está tan próximo decidimos decoralo con motivos relacionados con esta conmemoración en contra da Violencia de Xénero.
Etiquetas:
3º,
3º e 4º,
4º,
conmemoracións,
creatividade,
curso 2018/19,
EDLG,
educación artística,
lingua galega,
plástica,
producións propias
Cousas de lectores e lectoras.
"Un neno/a que le será un adulto que pensa" . Así di unha xenial frase na que se ve reflectida a importancia que ten ler.
Como os nenos e nenas de 3°estamos de acordo con ela e valoramos moito a lectura, fixemos uns coxíns e uns marcapáxinas para relaxármonos mentres lemos e non perder nin unha soa palabra das nosas lecturas.
Como os nenos e nenas de 3°estamos de acordo con ela e valoramos moito a lectura, fixemos uns coxíns e uns marcapáxinas para relaxármonos mentres lemos e non perder nin unha soa palabra das nosas lecturas.
Todos e todas a ler!!!
martes, 20 de noviembre de 2018
"Día Universal do Neno"
O "Dia Universal do Neno", que se celebra todos os anos o día 20 de novembro, é un día adicado a todos os nenos e nenas do mundo.
É un día de celebración polos avances conseguidos pero tamén un día para chamar a atención sobre a situación dos pequenos e pequenas máis desfavorecidos. Por iso, o alumnado de 3° curso, para celebrar este día , traballou sobre os dereitos fundamentais que todos os nenos e nenas deben ter.
É un día de celebración polos avances conseguidos pero tamén un día para chamar a atención sobre a situación dos pequenos e pequenas máis desfavorecidos. Por iso, o alumnado de 3° curso, para celebrar este día , traballou sobre os dereitos fundamentais que todos os nenos e nenas deben ter.
Nunca deixemos de loitar polos seus dereitos!!!
lunes, 19 de noviembre de 2018
LAPBOOK DO NOSO CORPO
Os nenos e nenas de 3º curso fixemos un lapbook sobre o corpo humano para repasar o tema que vimos en ciencias da natureza.
E despois de tanto cortar, colorear e pegar... Aquí tendes os resultados:
E despois de tanto cortar, colorear e pegar... Aquí tendes os resultados:
ESPECTACULARES!!!!!!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
























