Mostrando entradas con la etiqueta cancións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cancións. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de mayo de 2026

2-M

     O 2 de maio conmemorouse o Día internacional contra o acoso e a violencia nas aulas. Con tal motivo no cole imos visionar unha serie de curtas para reflexionar sobre este tema. 

    Asemade, na aula de música, as nenas e nenos están traballando unha canción moi fermosa titulada "Bonito es", canción creada polo colexio Lourdes Fuhem que,  baixo o lema "o bonito é que a xente se queira", promove o respeto, a convivencia positiva e a loita contra a violencia nas aulas.

     Nas aulas de terceiro, tomando como punto de partida a canción anteriormente mencionada, elaboramos este mural. A través del buscamos encher o noso colexio de palabras fermosas de cariño cara as nosas compañeiras e compañeiros.


                    NON Á VIOLENCIA NAS ESCOLAS!!

jueves, 22 de diciembre de 2022

FIN DE TRIMESTRE E... FELIZ NADAL!!!

HOXE EN 4ºB TIVEMOS UNHA GRAN DESPEDIDA DE TRIMESTRE. PASÁMOLO XENIAL!!!

TIVEMOS SESIÓN DE CINE, UNHA GRAN MERENDOLA, ENTREGAMOS O AGASALLO DA AMIZADE INVISIBLE, DEMOS AS BADALADAS "FIN DE ANO" NA COMPAÑA DAS NOSAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE 4ºA, XOGAMOS, CANTAMOS E BAILAMOS.

DEIXAMOS UNHAS CANTAS FOTOS DO NOSO PHOTOCALL, HAHAHA!!!

FELIZ NADAL E BOA ENTRADA DE ANO A TOD@S!!!





























BO NADAL A TODAS AS FAMILIAS!!!

lunes, 18 de mayo de 2020

Día Mundial da Reciclaxe!!

No 2005 a UNESCO decidiu instaurar o 17 de maio como o Día Mundial da Reciclaxe, co fin de concienciar ás persoas do importante que é reducir, reutilizar e reciclar .

Os nenos e nenas  de 4º curso,  inmersos no proxecto "Protexemos a Terra", reempregaron os materiais que tiñan nas súas casas e cunhas doses de imaxinación elaboraron estas fermosas creacións. Aquí tedes os resultados, o noso Planeta agradecerao.

Escoitade atentos a letra da canción , deixámosvos un anaco que describe a perfección a vosa labor:

 "Tiempos de pequeños movimientos, movimientos en reacción
Una gota junto a otra hace oleajes, luego, mares, océanos.
Nunca una ley fue tan simple y clara: Acción, reacción, repercusión"



jueves, 1 de marzo de 2018

POEMAS PARA ROSALÍA

O 24 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía para recordar a unha das "grandes" mulleres da nosa terra, Rosalía de Castro. 
Durante a pasada semana estivemos recitando os seus poemas e nas aulas de 4º curso aprendimos "Adios rios, adios fontes" que recollemos na seguinte gravación.

viernes, 29 de diciembre de 2017

O esqueleto

 Este trimestre en 3º estivemos traballando sobre o corpo humano e para que fose máis fácil recordar os nomes dos ósos axudámonos da canción “O esqueleto” do grupo Migallas. Pero como os rapaces e rapazas de 3º somos moi curiosos/as pedímoslle a profe non só aprender a canción, se non tamén facer un vídeo propio no que saísemos cantándoa e bailándoa, e este foi o resultado.


A que nos saíu moi ben?


sábado, 25 de octubre de 2014

Samaín

No Samaín non poden faltar as cabazas, as pantasmas, as caveiras, os esqueletos, os morcegos . . . nin a música, como esta bonita canción de Jesús Pareja cantada por Andrea Picos: