jueves, 31 de enero de 2019

ALERTA! VIOLENTOVIRUS DETECTADO

    Nos últimos días o alumnado de Valores de 4º descubriu no cole a presenza dun VIRUS! Despois de investigar, caeu na conta de que se trata do VIOLENTOVIRUS, un virus que se cola nos patios e aula dos coles provocando discusións, pelexas, insultos, enfados, gritos, bágoas, golpes, feridas...


    Así que, tan pronto como descubriron os síntomas que causa este malévolo bichiño, o alumnado decidiu buscar un tratamento que, segundo estes novos expertos en violentovirus, se debe basear no: respecto, amabilidade, amizade, empatía, tranquilidade, bo comportamento, desculpas, axudas, amor e apertas. 

    Confeccionado o tratamento, os rapaces e rapazas realizaron uns carteis para que se poida divulgar esta campaña de cura e que así os patios dos coles só estean cheos de sorrisos e bos momentos.

Gran traballo!!!



sábado, 26 de enero de 2019

Viaxamos no tempo

A todos nos gustaría viaxar no tempo, tanto para corrixir cousas do pasado como para ver o que nos depara este futuro incerto. 

O alumnado de 3º aínda non conseguiu o poder da teletransportación pero, por uns intres, transportáronse ao futuro para mandar unha carta a eles mesmos á idade de 18 anos.

Que cousas ou recomendacións lles diríades ao voso eu de 10 anos maior? Os nenos e nenas tivérono claro: a familia e as amizades son algo que aínda que pasen os anos non se deben esquecer nunca.




martes, 22 de enero de 2019

Os Bolechas e os RAEE.

Os Bolechas visitaron ao alumnado de 3° curso para falarlle dos RAEE (Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos), xa que supoñen un grave problema para o medio ambiente, polo que é moi importante facer un uso responsable deles.

Nesta ocasión, os Bolechas son Os Electrecos, e teñen unha misión ecolóxica que souberon transmitir moi ben a estes rapaces e rapazas: axudar a reducir e reciclar os RAEE.
                                                                                                           
                           

Os defensores e defensoras do planeta deste 3° curso xa comenzaron esta misión. 
E vós, quereres participar?                                                                                                             
                           

lunes, 21 de enero de 2019

IMAXINACIÓN MITOLÓXICA

Os cativos e cativas de 3º de primaria empregaron as súas grandes dotes de imaxinación e creatividade para inventar os seus propios animais mitolóxicos. Primeiro describíronos fisicamente e, a continuación, explicaron cales eran os seus poderes sobrenaturais.

Esta actividade serviunos para crear un libro que introducimos na biblioteca de aula, co fin de incluir nas súas lecturas diarias as súas propias producións.





viernes, 18 de enero de 2019

Somos o que comemos.

O alumnado de terceiro comezou o segundo trimestre con moitas ganas. E, para repasar o visto sobre a alimentación ao final de 2018, os nenos e nenas fixeron diversas tarefas para concienciarse de que somos o que comemos e que, ademais da alimentación, o deporte e os hábitos de vida saudables son fundamentais para medrar adecuadamente.

A primeira actividade que realizaron foi unha pirámide dos hábitos de vida saudables que, ademais de engadir os alimentos que debemos tomar con maior e menor frecuencia, tamén recollía a necesidade de realizar actividade física e descansar. Deste xeito, non só traballaron as ciencias naturais, senón tamén plástica e lingua galega.





Remataron facendo o seu horario semanal de merenda e unha análise dos produtos que comen, buscando si son procesados ou non e si os deben inxerir con maior ou menor frecuencia.



sábado, 12 de enero de 2019

Escritura Creativa.

Durante o mes de decembro, os nenos e nenas de 3° curso, realizaron un taller de escritura. Nel, traballaron a expresión escrita e desenvolveron a súa imaxinación.

Decembro, ademais de ser o mes máis especial, tamén é o máis creativo.




martes, 8 de enero de 2019

Derradeiro día de clase de 2018

Para celebrar o último día de clase deste 2018, os nenos e nenas de 3º tiveron un día diferente. É sabido que o ano remata o día 31 de decembro, e para celebralo a tradición manda tomar 12 uvas correspondentes a 12 badaladas. Este ano quixemos adiantalas un pouquiño e celebramos un prefin de ano, onde en lugar das uvas a cativada tomou palomitas e chips de chocolate.

                                     

Para rematar o día, e antes da visita da Apalpadora ó centro, tiveron unha sesión de cine do máis entretida.

Bo Nadal familias!

O Nadal chegou

As datas máis especiais do ano chegaron, e o noso alumnado de terceiro de primaria quixo celebralas. Para iso fixeron distintas manualidades, tanto para decorar as súas árbores como para ambientar o centro. Ademais non se puideron olvidar dos seus seres queridos, e elaboraron unhas postais onde lle contaron o moito que os queren.