Mostrando entradas con la etiqueta Tradicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tradicións. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de febrero de 2026

Disfraces do segundo ciclo!!

 Como ben sabedes, no cole estamos a traballar todo o relacionado coa novena arte: a banda deseñada, dentro do proxecto "NovenArte".

Con tal motivo, este curso, co noso disfrace, quixemos converternos en onomatopeas de cómic. Mirade que guapiñas e guapiños ibamos...


 


    

                        VIVA O ENTROIDO!!!!!!!!!!!

lunes, 2 de febrero de 2026

Feliz día da Candeloria!!

 Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, o día das candeas,  o día do amor en Galicia, o día no que casan os paxariños... está claro que na nosa cultura este é un día importante, posto que marca o final próximo do inverno e o pronto despertar da natureza.

A nós, no cole, gústanos celebralo como "o día no que casan os paxariños", tradición oral moi arraigada no noso concello.  Cada 2 de febreiro nalgunha das nosas casas escóitase "hoxe os paxariños casan". 

 Para conmemorar este día, nas aulas de terceiro, enchemos as ventás de fermosos paxaros.

 



 Ademais, fixemos unha breve recollida de refráns relacionados con este día.


 FELIZ DÍA DA CANDELORIA💕

 

jueves, 13 de noviembre de 2025

Caixas magosteiras!!

 Hoxe celebramos o magosto no cole, nas aulas de terceiro quixemos facer unhas caixas para poder recoller as nosas castañas asadas e merendalas.

 

 


 Velaí o resultado!!!!

QUEDÁRONNOS FERMOSÍSIMAS!!!!👌


 

miércoles, 1 de febrero de 2023

DÍA DA CANDELORIA

AS NENAS E NENOS DE 4º EP CELEBRAMOS O DÍA DA CANDELORIA NO NOSO COLE. XA SABEDES QUE É O DÍA NO QUE OS PAXARIÑOS CASAN E, NA NOSA ZONA, HAI MOITOS REFRÁNS POPULARES QUE RECOLLEMOS COA AXUDA DAS NOSAS FAMILIAS. 

DESPOIS, NO COLE, FIXEMOS PAXARIÑOS COS DISTINTOS REFRÁNS E EMPREGÁMOLOS PARA DECORAR AS AULAS E OS PATIOS.

TODO QUEDOU PRECIOSO E ASÍ, TODAS E TODOS PODEMOS GOZAR DESTE DÍA TAN BONITO.

DEIXAMOS UNHAS CANTAS FOTOS PARA QUE VEXADES QUE BEN LUCE O DÍA DO CASAMENTO DOS PAXARIÑOS NO CEIP AMOR RUIBAL.