miércoles, 27 de marzo de 2019

Xornada artística en Pontevedra

Hoxe, Día Mundial do Teatro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria celebrouno na Sede Afundación de Pontevedra, coa divertida comedia `Bon Appètit´ dos Ghazafellos, unha mestura de teatro, música e monicreques cun texto de enredo con moito xogo de palabras.


Logo, o grupo merendou e xogou na Praza da Liberdade.


E, no Café Moderno, as nenas e nenos asistiron á visita guiada á fantástica exposición fotográfica `Nais e fillas. Dúas xeracións, un obxectivo´ de Xosé Abad, con obradoiros didácticos moi entretidos.



Unha xornada moi artística!!!

jueves, 21 de marzo de 2019

Seguimos coñecendo o medio

O alumnado de terceiro non deixa de investigar para seguir coñecendo o entorno que nos rodea.
Neste caso, aproveitaron os recursos naturais que temos nos arredores do centro para especializarse no coñecemento de árbores e plantas, seres vivos fundamentais para a nosa supervivencia.






O seu interese e ganas de coñecer permitíronlles conseguir outra das pezas da Pirata Mimi.

A busca e a investigación continúan!

miércoles, 20 de marzo de 2019

A REVOLUCIÓN DAS BOLBORETAS

Este ano o proxecto do centro baseouse na “Revolución”, tema proposto pola organización do XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no que o alumnado de 3º e 4º de EP participamos tódolos anos.

Tendo en conta esta temática e que o autor homenaxeado neste Salón do Libro é Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, puxémonos a remexer entre os libros da biblioteca e tivemos a sorte de descubrir un libro moi divertido: Bolboretas no papel; un poemario no que se atopa o poemNo país das bolboretas cadaquén fai o que lle peta e que nos pareceu do mais axeitado a temática deste ano.

Unha vez elixido o libro a partir do cal elaborar os nosos traballos o resto do proceso foi moi divertido. Primeiro comezamos pola lectura dos poemas, que foi do máis entretida grazas aos disparates que neles se poden ler. De feito se queres coñecer un cachiño deste libro podes escoitar uns audios que nos mesmos gravamos no seguinte enlace (site).

Despois puxémonos mans a obra e comezamos a crear os nosos propios poemas seguindo a fórmula proposta por Antonio G Teijeiro: “No país das bolboretas cadaquén fai o que lle peta... Esta foi unha tarefa un pouco difícil pero moi entretida na que puidemos botar a nosa imaxinación a voar. Pronto poderedes lelos na seguinte web: https://sites.google.com/view/as-nosas-bolboretas.




Canto máis traballamos con este poemario, máis curiosidade tiñamos sobre o seu autor, así que decidimos investigar sobre a súa biografía e crear unha liña da vida cos datos máis relevantes da mesma.


Finalmente e para que todos lle poñades cara a este orixinal poeta fixemos uns retratos do autor que nos quedaron ben xeitosos, va que si?.


sábado, 16 de marzo de 2019

Visitamos o Concello

Como xa dixemos en anteriores publicacións, a pirata Mimi, para reforzar os coñecementos sobre o funcionamento do Concello, concertou unha cita co alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes.

Recibiunos no salón de plenos, onde os nenos e as nenas de 3º de Primaria lle fixeron un milleiro de preguntas.

Unha vez rematada a entrevista, puxéronse na pel do alcalde e dos concelleiros e concelleiras.   
                                                                                 


Grazas ao alcalde e ao Concello por esta oportunidade!!!


domingo, 10 de marzo de 2019

ENCONTRO CON VIVIANA VITUREIRA FERNÁNDEZ

O Día Internacional da Muller veu ao colexio Viviana Vitureira Fernández, que é médica e nai do noso compañeiro Luca e do seu irmán, Piero.


Viviana falou da súa vida e de como logrou facer realidade o soño de ser doutora e especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia, para axudar a traer bebés ao mundo. Para iso estudou moitos anos, con moita dedicación, con moitas ganas.

  

A charla foi moi entretida porque Viviana ensinounos un montón de fotos da súa infancia en Uruguay, dos seus xogos, das súas aficións, da súa boneca preferida, da súa graduación, da súa profesión...

 

Incluso vimos fotos de Luca e Piero na barriga da súa nai e tamén con ela, no hospital. E fixemos un xogo moi simpático de preguntas-respostas que acertamos todas.


Co seu exemplo, aprendemos que podemos ser o que queiramos ser e que hai que loitar sempre para conseguilo.

Cando subimos a clase pensamos, falamos, escribimos e debuxamos:



Unha charla do máis inspiradora!

Moitísimas grazas!!!


O venres 8 de marzo estaba moi nervioso: Ía vir a miña nai á Biblioteca do colexio para dar unha charla. 

Falou de cando era pequena, dos xogos, dos estudos, das súas ilusións, do seu traballo como médica...


Cando preguntou a diferenza entre xinecóloga e obstetra eu, aínda que seguía moi nervioso, levantei a man. Seino ben porque ese é o traballo da miña nai. Ela chámase Viviana Vitureira Fernández. 


Encantoume!

Luca Vila Vitureira. 4ºA




jueves, 7 de marzo de 2019

lunes, 4 de marzo de 2019

O ENTROIDO CHEGOU!

Despois dunha semana mostrando unha gran creatividade para cumplir cos mandados de MIMI, o venres chegou o día grande do Entroido no colexio e os nenos e nenas de 3º e 4º elixiron unha gran variedade de disfraces para celebralo. Fixádevos que guapos/as estabamos.


FELIZ ENTROIDO!

sábado, 2 de marzo de 2019

Entroido

O entroido chegou e con el a ilusión de transformármonos por unhas horas naqueles personaxes animados favoritos.

As nenas e nenos de 3º de Primaria celebrárono por todo o alto. Ás veces, as imaxes valen máis que mil palabras, así que aquí volas deixamos: