Mostrando entradas con la etiqueta lectoescritura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectoescritura. Mostrar todas las entradas

martes, 20 de diciembre de 2022

CARTAS ESPECIAIS...PARA XENTE ESPECIAL.

AS NENAS E NENOS DE 4ºB FORON HOXE ATA O BUZÓN DE CORREOS DE BARRO A ENVIAR UNHAS CARTAS MOI, PERO QUE MOI, ESPECIAIS.

FIXÉRONAS CON MOITO CARIÑO E AGARIMO PORQUE VAN DIRIXIDAS A PERSOAS MOI ESPECIAIS PARA ELAS E ELES. NUNS DÍAS CHEGARÁN AS CARTAS AO SEU DESTINO E DE SEGURO QUE SERÁN RECIBIDAS CON MOITA ILUSIÓN.













lunes, 28 de noviembre de 2022

25 de novembro

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado de 4º A reflexionou sobre a necesidade de conmemorar este día e, entre todas e todos, elaboraron un mural cheo de debuxos e lemas que poñen de manifesto a súa repulsa cara á violencia machista. 

A rapazada teno claro e di 

NON!!!
 




 

miércoles, 26 de octubre de 2022

O SAMAÍN





O alumnado de 4º dedicou esta tempada tan terrorífica a pescudar información sobre o Samaín.

Investigaron sobre a súa orixe e, agora, xa todas e todos sabemos que provén dos pobos celtas.

A información quedou recollida nestes orixinais dípticos que as nenas e nenos decoraron dun xeito marabillosamente tétrico!


martes, 21 de diciembre de 2021

En terceiro celebramos por todo o alto o Nadal!

Nestes últimos días, antes das vacacións de Nadal, realizamos moitas actividades diferentes e divertidas: xogos, campanadas de gala, panxoliñas, bailes, amizade invisible, concurso de disfraces, decoracións creativas, postais... Pasámolo en grande! 

Esperamos que as familias tamén o pasedes xenial nestas datas, que gocedes dunhas felices festas e dun próspero 2022! Vémonos en xaneiro!









O podcast de 3ºB - Curiosidades astronómicas

Tras o telexornal desenvolvido en primeiro e o programa de televisión "Barrens@s viaxeir@s" do curso pasado, este ano o alumnado de 3ºB pasouse á radio cun podcast moi especial, "O podcast de 3ºB". 

Neste episodio inaugural, centráronse en resolver, a través da investigación, diferentes dúbidas que lles xurdiron durante as clases de ciencias. Seguro que moitas das explicacións nin os adultos coñeciámolas, por iso decidimos porlle o nome de "Curiosidades astronómicas".

Ademais, tivemos o pracer de contar coa participación dun experto da comunicación como Fran Cañotas, presentador de diversos programas na Radio Galega e na Televisión de Galicia (Malicia Noticias, Come a comarca, En Xogo...).

Podedes escoitar o podcast tanto en Spotify como en iVoox:

SPOTIFY:

Ligazón:



Código QR para escoitar dende un móbil ou tablet:

IVOOX:

Ligazón:


Código QR para escoitar dende un móbil ou tablet:

Esperamos que vos guste!!!

QUE PASARÁ, QUE MISTERIO HABERÁ...

Hoxe os nenos e nenas de 4º EP saíron misteriosamente do cole... Aquí temos as probas...







A onde se dirixirían?...

Pois... para sabelo, tivemos que seguilos sen que nos viran...











POIS FORON AO BUZÓN DE CORREOS!!!

Para quen serán esas cartas... para Papá Noel, os Reis Magos, para queeeennn!!!

Non quixeron dicir nada. Só que tiñamos que esperar á volta das vacacións para que nolo conten.

sábado, 15 de mayo de 2021

FELIZ DÍA, FAMILIAS!

As nenas e nenos de 3º de Primaria crearon, con moitísima ilusión, unhas fermosas tarxetas de felicitación con mensaxes amorosas para agasallar nos seus fogares con motivo do Día Internacional da Familia.

Que importante é o entorno familiar na educación das nosas crianzas!

FELIZ DÍA, FAMILIAS!!!





 

jueves, 4 de febrero de 2021

O "GUERNICA" DE PICASSO

 No marco da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, o alumnado de 4º de Primaria desenvolveu interesantes actividades artísticas, de lectoescritura e de valores, tomando como eixo central o Guernica de Pablo Picasso.

A partir do famoso cadro, o alumnado reflexionou sobre as fatais consecuencias da guerra para a infancia como a traxedia dos nenos soldados, as mortes, as enfermidades, a dor ou a vulneración dos dereitos máis básicos (familia, vivenda, alimentación, educación...).

Logo, cada nena e cada neno decorou o seu propio "Guernica" e completouno con mensaxes en contra da guerra e a favor dunha convivencia pacífica.

Magníficos traballos!!!






"Todas as guerras,
xustas ou inxustas,
desastrosas ou vitoriosas,
son guerras contra os nenos".
(Eglantyne Jebb, 
promotora dos Dereitos da Infancia
e fundadora de Save the Children)