jueves, 28 de febrero de 2019

A Pirata MIMI

O proxecto anual non para. Dende setembro, a Pirata Mimi estalle facendo encargos ao alumnado de 3º para que, a través da investigación e da busca de información, coñezan un chisco máis o mundo que os rodea.

Neste caso o obxectivo é claro: Descubrir a importancia dos concellos, así como o traballo que realizan cada unha das persoas que alí traballan.



Cal será o resultado que sairá de aquí?


Prestade atención ás vindeiras publicacións.

Saúdos piratas!

martes, 26 de febrero de 2019

A VIDA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro é o Día de Rosalía de Castro e celebramos o 182 aniversario do seu nacemento. Nas aulas de 3º e 4º  de Primaria desenvolvemos diversas actividades de lectoescritura, oralidade, música e plástica centradas na nosa autora máis universal. Entre elas, unha pequena investigación sobre a súa vida e obra que, despois, ilustramos a modo de cómic.






domingo, 24 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA 2019

Este ano celebramos o Día de Rosalía coa gravación do recitado da `Alborada´ entre todas as nenas e nenos do colexio. Quedou moi bonito! Podedes velo no blog de MIMI:


Ademais, veu ao colexio un gaiteiro e unha pandeireteira (que son o pai e a nai de Fiz, un neno de Infantil) para tocar a `Alborada´. Encantounos!!!

Moitísimas grazas!!!

Botádelle un ollo ao vídeo:

viernes, 22 de febrero de 2019

As paisaxes de Galicia

Estas semanas, as rapazas e rapaces de 4º de Primaria estivemos estudando as paisaxes de Galicia a partires dun reto que nos propuxo a pirata Mimi. Nunha carta, dicíanos que para ser bos grumetes é necesario coñecer o territorio que se vai explorar e que, para iso, o mellor é comezar pola nosa terra. Así que pediunos que realizásemos un caderno de campo sobre Galicia e este é o resultado. 


Quedáronnos ben xeitosos, non si?


Ademais, ao investigarmos sobre as paisaxes galegas, tivemos a oportunidade de observar distintas formas de representar o relevo, e descubrimos unha app que nos permite converter mapas de curvas de niveis en imaxes 3D.

Axiña puxémonos mans a obra e descubrimos unha aplicación creativa a esta ferramenta. Creamos os nosos propios mapas, simplemente coa axuda dun folio e un rotulador negro e, logo, convertémolos en mapas 3D grazas a axuda da app LandscapAR

Fixádevos nas imaxes! Que illas e montañas tan curiosas creamos!




Se queredes tamén crear os vosos propios mapas, só tedes que vir pola aula de 4º de Primaria ou pola Biblioteca do noso centro, onde estaremos encantadas de explicarvos o sinxelo que é crear estes interesantes mapas e tamén poderedes descubir todos os deseños que fixemos.


Agardamos as vosas visitas!!!


jueves, 21 de febrero de 2019

DÍA DA LINGUA MATERNA

O 21 de febreiro está recoñecido pola UNESCO como o Día Internacional da Lingua Materna. Con este motivo, as rapazas e rapaces de 4º de Primaria quixemos facerlle unha homenaxe á nosa lingua  nai creando un vídeo-dicionario cun toque musical.

Esperamos que vos guste.

martes, 12 de febrero de 2019

Galegas e científicas!

O día 11 de febreiro conmemórase a nivel mundial o día da Nena e a Muller na Ciencia.
Dende 3° A e 3° B , queremos darlle visibilidade ao papel das mulleres no campo científico. Polo que estes nenos e nenas estiveron investigando sobre mulleres galegas que, na actualidade, teñen un importantísimo papel no mundo das ciencias.
Algunhas delas son:
  • Alicia Estévez Toranzo ( microbióloga).
  • Josefina Ling Ling ( astrónoma).
  • Vanessa Valdeiglesias ( bióloga).
  • María Vila Costas ( astrofísica).
  • Susana Martínez Conde ( neurocientífica).
  • Elena Vázquez Cendón ( doutora en matemáticas).
                 

                   
                                   

Hoxe elas son as protagonistas. Estaremos ante unha futura científica?

lunes, 11 de febrero de 2019

Podes ser todo o que queiras ser

As nenas e nenos de cuarto curso reflexionamos no día de hoxe, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, acerca da importancia e valía de moitas mulleres que traballaron en diversos campos científicos e non se lles deu recoñecemento hasta hai ben pouco.
Miramos un vídeo que "alerta ou disuade" ás nenas e nós quixémolo poñer en clave positiva pois todas e todos debemos "ser o que queiramos ser".


A continuación fixemos unha pequena investigación e recollimos información dalgunhas importantes científicas galegas: Ángela Ruiz Robles (inventora), Aida Fernández Ríos (meteoróloga) , María Wonenburger (alxebrista - matemática), Elisa e Jimena Fernández de la Vega (médicas), Antonia Ferrín Moreiras (astrónoma), Olimpia Valencia (xinecóloga), e Ángeles Alvariño (oceanógrafa).
A nosa fonte de información:
https://portaldaspalabras.gal/lexico/setestrelo/dia-da-muller-e-a-nena-na-ciencia/


Tralas investigacións creamos o noso propio vídeo motivador. Este foi o resultado:


viernes, 8 de febrero de 2019

Profundamos no medio

O alumnado de 3º non deixa de soprender. Esta vez puxo todo o seu empeño en coñecer a importancia que ten a agua na vida dos seres vivos. Ademais, as nenas e os nenos aprenderon distintos elementos das paisaxes de costa e de interior.
Con esta tarefa conseguiron a seguinte peza do quebracabezas do proxecto anual no que están inmerso.


Unha vez máis, as artes plásticas permitíronlles mostrar os coñecementos adquiridos da mellor maneira.


jueves, 7 de febrero de 2019

Creamos dicionarios!

O ano pasado, a RAG elixía a María Victoria Moreno como a cuarta muller protagonista do Día das Letras Galegas.

O alumnado de 3° curso fixolle a  súa particular homenaxe creando un dicionario do seu libro favorito: Leonardo e os fontaneiros. Fixemos así un bo uso do agasallo recibido ao inicio do curso por parte do Concello.

Esta actividade serviu para que os nenos e nenas de 3º de Primaria se iniciasen na utilización autónoma do dicionario e, ao mesmo tempo, ampliasen o seu vocabulario, buscando e anotando as palabras que descoñecían. 

                                                         Aquí están as súas creacións.