Mostrando entradas con la etiqueta curso 2021-22. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curso 2021-22. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de junio de 2022

Derradeiro capítulo de "O podcast de terceiro": "Curiosidades de animais"

O alumnado de 3ºB despídese co último capítulo do podcast que estiveron gravando este curso. Nesta ocasión fálannos de animais, contando datos e curiosidades acerca de numerosas especies. Coma sempre, podedes escoitalo en Spotify e en Ivoox.

Esperemos que vos guste e, como din os protagonistas... Suscribídevos, activade a campaniña e dádelle á "like"!

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 4º



O pasado mércores tivo lugar a excursión de fin de curso de 4º. Fomos ao Ecoparque de Marín, onde desfrutamos das tirolinas a base de ben. Despois, achegámonos ata o Lago de Castiñeiras e pasamos unha tarde moi divertida!!!

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO!

Chegou xuño e con el a excursión de fin de curso! As nenas e os nenos de 3º fixeron unha viaxe inesquecible! Primeiro, visitamos a Praia de Carril, onde exploramos as diferentes especies mariñas que iamos atopando. Cando a marea o permitiu, cruzamos en barco á Illa de Cortegada. Aí apareceron os nervios, pero resultou un traxecto moi divertido. Na illa puidemos desfrutar da natureza, bañármonos e pasalo en grande con boa compañía! O tempo pasou voando. Foi un día para recordar!

lunes, 23 de mayo de 2022

Entrevistamos a peregrin@s!

Os rapaces e rapazas de terceiro continúan a traballar no proxecto “Barro no Camiño”. Nesta ocasión, fixeron de reporteir@s e entrevistaron a peregrinos e peregrinas de diferentes nacionalidades. Entre outras cousas, falaron das emocións que se viven facendo o Camiño de Santiago.

Aquí podedes ver un vídeo con algúns fragmentos das diferentes entrevistas. Este vídeo formará parte dos carteis para @s peregrin@s que se colocarán en Barro nas vindeiras semanas. 


Esperamos que vos guste!




miércoles, 11 de mayo de 2022

Os pareados do Camiño

En terceiro estamos traballando no proxecto Barro no Camiño e, nas vindeiras semanas, estarán listos uns carteis que se colocarán ao longo do tramo do Camiño Portugués que pasa polo noso pobo. 

Unha das actividades consistiu na creación duns fantásticos e divertidos pareados sobre as diferentes rutas do Camiño de Santiago. Aquí tedes por adiantado o vídeo que se incluirá cun código QR nestes carteis,

 Vaia poetas!!!



lunes, 2 de mayo de 2022

En terceiro dicimos NON AO BULLYING!

Hoxe, luns 2 de maio de 2022, conmemórase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. Por iso, os rapaces e rapazas de terceiro quixemos gravar un vídeo narrando o conto Orellas de bolboreta de Luisa Aguilar e André Neves. Trátase dunha fermosa obra coa que se busca concienciar sobre este tema. 

No CEIP Amor Ruibal dicimos 

NON AO BULLYING!!!


viernes, 8 de abril de 2022

Conmemoramos o Xacobeo decorando o corredor de terceiro coa temática do Camiño Portugués!

Durante este curso, aproveitando que é ano Xacobeo e que o Camiño Portugués pasa polo noso pobo, os rapaces e rapazas de terceiro están investigando sobre o Camiño de Santiago.

A última actividade realizámola en colaboración co alumnado de segundo e consistiu na investigación e posterior decoración do corredor que vai ás nosas aulas. Nel pódese ver a ruta e as diferentes etapas do Camiño Portugués. Quedou chulísimo!

Aquí podedes ver unhas fotos co resultado final e co alumnado orgulloso do seu traballo.
















viernes, 25 de febrero de 2022

Descubrindo A Coruña!

O pasado luns, as nenas e nenos de 3º de Primaria desfrutaron dunha xornada moi completa e especial, pois visitaron na cidade da Coruña o Domus, o acuario, a praia e a Torre de Hércules.

Pasámolo xenial!!!

martes, 15 de febrero de 2022

No cole de Barro estamos con vós!

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Loita contra o Cancro Infantil e, no CEIP Amor Ruibal de Barro, sumámonos ao reto #PañueloChallengeAladina da @FundaciónAladina, como mostra de apoio e cariño ás nenas e nenos que perden o cabelo polos tratamentos que precisan para a súa curación.

Con tal motivo, o alumnado de 3º de Primaria manifestou no patio a súa solidariedade, lucindo panos na cabeza e pancartas con sentidas mensaxes, xunto a lazos dourados que simbolizan a fortaleza e resistencia das nenas e nenos con cancro.


XUNT@S NESTA LOITA!

NON ESTADES SOAS!

QUE O CANCRO NON GAÑE!

NO COLE DE BARRO ESTAMOS CON VÓS!


jueves, 10 de febrero de 2022

Novo episodio de "O podcast de terceiro" - Mulleres científicas galegas

O día 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e as rapazas e rapaces de 3ºA e 3ºB quixeron investigar sobre algunhas das científicas galegas máis destacadas. 

Aquí está o resultado!

Podedes escoitalo a través de iVoox e tamén a través de Spotify:



Se o preferides, tamén podedes escanear os seguintes códigos QR para reproducilos dende un móbil ou dende unha tablet:

QR PARA REPRODUCIR EN IVOOX:
Generador de Códigos QR Codes
QR PARA REPRODUCIR EN SPOTIFY:

Generador de Códigos QR Codes

lunes, 7 de febrero de 2022

Coas mans na arxila!

O alumnado de 3º de Primaria gozou un montón traballando coa arxila para crear os seus propios volcáns. Por suposto, para rematar as maquetas, puxémolos en acción! 
Botade unha ollada ao noso experimento!

martes, 21 de diciembre de 2021

En terceiro celebramos por todo o alto o Nadal!

Nestes últimos días, antes das vacacións de Nadal, realizamos moitas actividades diferentes e divertidas: xogos, campanadas de gala, panxoliñas, bailes, amizade invisible, concurso de disfraces, decoracións creativas, postais... Pasámolo en grande! 

Esperamos que as familias tamén o pasedes xenial nestas datas, que gocedes dunhas felices festas e dun próspero 2022! Vémonos en xaneiro!