martes, 19 de marzo de 2024

XOGADE INTERCENTROS EN PONTEVEDRA

 O alumnado de 3º de Primaria desprazouse na mañá de hoxe ao Pavillón dos Deportes de Pontevedra para participar na xornada deportiva xunto con alumnado doutros centros que cursan o mesmo nivel.

 

Moitísimas grazas!

Unha xornada intensa e moi gozosa!

PRACTICAMOS RUGBY TAG

 O alumnado de 3º e 4º de Primaria segue preparándose para as xornadas intercentros. A pasada semana visitáronnos do Clube de Rugby ..... de Pontevedra para coñecer a modalidade deportiva de Rugby Tag.

Moitísimas grazas!!

Pasámolo xenial!!

jueves, 7 de marzo de 2024

SAÍDA AO TEATRO

Onte fixemos unha saída ao teatro en Pontevedra. Ao rematar a obra fomos ao parque a merendar e, por suposto, a xogar. Pasámolo xenial!!!















miércoles, 6 de marzo de 2024

APRENDEMOS NOCIÓNS DE XADREZ

 O alumnado de 3º recibíu nocións básicas de xadrez nunha interesante sesión a cargo da Escola de Xadrez de Pontevedra.

Puideron practicar tamén nas aulas do aprendido na xornada, durante a hora de ler.

Moitas grazas!


viernes, 1 de marzo de 2024

PRESENTACIÓN DO CÓMIC SOBRE FRANCISCO LANDÍN PAZOS


O alumnado de 4º recibiu a visita de Felipe Rea , papá de Fiz, para mostrarnos o cómic sobre a vida do músico Francisco Landín Pazos, no cal colaborou para a súa realización.

                               FOI MOI INTERESANTE!! MOITÍSIMAS GRACIAS!!