Mostrando entradas con la etiqueta comunidade educativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta comunidade educativa. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de mayo de 2026

2-M

     O 2 de maio conmemorouse o Día internacional contra o acoso e a violencia nas aulas. Con tal motivo no cole imos visionar unha serie de curtas para reflexionar sobre este tema. 

    Asemade, na aula de música, as nenas e nenos están traballando unha canción moi fermosa titulada "Bonito es", canción creada polo colexio Lourdes Fuhem que,  baixo o lema "o bonito é que a xente se queira", promove o respeto, a convivencia positiva e a loita contra a violencia nas aulas.

     Nas aulas de terceiro, tomando como punto de partida a canción anteriormente mencionada, elaboramos este mural. A través del buscamos encher o noso colexio de palabras fermosas de cariño cara as nosas compañeiras e compañeiros.


                    NON Á VIOLENCIA NAS ESCOLAS!!

sábado, 15 de mayo de 2021

FELIZ DÍA, FAMILIAS!

As nenas e nenos de 3º de Primaria crearon, con moitísima ilusión, unhas fermosas tarxetas de felicitación con mensaxes amorosas para agasallar nos seus fogares con motivo do Día Internacional da Familia.

Que importante é o entorno familiar na educación das nosas crianzas!

FELIZ DÍA, FAMILIAS!!!





 

viernes, 8 de mayo de 2020

"Coas mans na masa"

Os nenos e nenas de 4º estiveron exercendo de chefs e prepararon unhas riquísimas receitas.

Con esta actividade traballamos as Linguas coa expresión escrita, as Matemáticas coas cantidades, a  Plástica coas fotografías e tratamos de que a rapazada se achegase ao mundo da cociña.

Quen sabe... Igual descubrimos que hai moitos nenos e nenas que teñen un futuro prometedor como cociñeiros e cociñeiras.

Aquí vos deixamos estas delicias culinarias.

OÍDO COCIÑA!!!


#euquedonacasa

jueves, 30 de abril de 2020

HEROES E HEROÍNAS DE 4º

Os nenos e nenas de cuarto, xunto coas súas profes, fixeron un vídeo para decirnos que é o que máis botan de menos nesta corentena e que será o primeiro que farán cando todo isto pase.

Aquí o deixamos:


viernes, 24 de abril de 2020

Museo Amor Ruibal!

Benvidas e benvidos ao  Museo Amor Ruibal!

As nenos e nenas de 4º  invítanvos a pasar polas súas galerías cheas de arte, onde podedes ver as divertidas e modernas recreacións dalgúns dos cadros máis afamados do mundo!

Subídelle o volume, para escoitar o Minueto de Boccherini e gozade con estas e estes artistas!!

Isto si que é amor a arte!!! 


#euquedonacasa