A visita ao Salón do libro de Pontevedra vai acompañada dun obradoiro para o alumnado dos centros colaboradores. O alumnado de 4º curso tivo o privilexo de contar cun obradoiro de ilustración da man de André Neves, ilustrador, entre outros, de Orellas de bolboreta, Amelia quere un can, Entre nubes,.. De orixe brasileiro, é un dos convidados de excepción este ano no Salón, no que se homenaxea á cultura lusófona.
No obradoiro, André pediunos que completásemos as nosas ilustracións e que contásemos as historias que creamos. Así o fixemos durante esta semana e aquí amosamos o froito do noso traballo:
Aprendimos que coas ilustracións os libros cóntannos dúas historias: a das palabras e a das imaxes. Resultou moi interesante!
Grazas, André!
No hay comentarios:
Publicar un comentario