HOXE CELEBRAMOS "O DÍA DO LIBRO" E O ALUMNADO DE 3º E.P. DO CEIP AMOR RUIBAL QUÉREVOS FACER UNHAS PEQUENAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN E DISFRUTEDES CON ESTAS LECTURAS.
E XA SABEDES... O QUE LE MOITO, SABE MOITO!!!
HOXE CELEBRAMOS "O DÍA DO LIBRO" E O ALUMNADO DE 3º E.P. DO CEIP AMOR RUIBAL QUÉREVOS FACER UNHAS PEQUENAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN E DISFRUTEDES CON ESTAS LECTURAS.
E XA SABEDES... O QUE LE MOITO, SABE MOITO!!!
As nenas e nenos de 3º estiveron estudando durante un longo tempo o corpo humano, e o normal é que xurdiran dúbidas e curiosidades. Unha das curiosidades que tiveron foi como se producía a "caca" no noso corpo. E que mellor maneira que experimentar e poñérmonos mans á obra para sabelo.
Ensinámosvos unha serie de fotos que reflicten perfectamente o proceso dixestivo.
Nestas primeiras fotos pódese ver a simulación da nosa boca, onde se produce a masticación. As mans das nenas e nenos son os dentes.
No marco da conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz, o alumnado de 4º de Primaria desenvolveu interesantes actividades artísticas, de lectoescritura e de valores, tomando como eixo central o Guernica de Pablo Picasso.
A partir do famoso cadro, o alumnado reflexionou sobre as fatais consecuencias da guerra para a infancia como a traxedia dos nenos soldados, as mortes, as enfermidades, a dor ou a vulneración dos dereitos máis básicos (familia, vivenda, alimentación, educación...).
Logo, cada nena e cada neno decorou o seu propio "Guernica" e completouno con mensaxes en contra da guerra e a favor dunha convivencia pacífica.
Magníficos traballos!!!
ESTE GRAN TRABALLO FIRÉRONNO AS NENAS E OS NENOS DE 3º DE PRIMARIA NAS SÚAS CASAS, COA COLABORACIÓN DA FAMILIA. DESPOIS, NO COLE, EXPLICARON QUE MATERIAIS EMPREGARON, QUE PASOS TIVERON QUE DAR PARA LEVALO A CABO, PARA QUE SERVÍA A SÚA MÁQUINA, ETC.
DEIXAMOS UNHA MOSTRA DO TRABALLO E AGRADECEMOS ÁS FAMILIAS A SÚA COLABORACIÓN.