lunes, 8 de marzo de 2021

PROCESO DIXESTIVO, EXPERIMENTANDO.

As nenas e nenos de 3º estiveron estudando durante un longo tempo o corpo humano, e o normal é que xurdiran dúbidas e curiosidades. Unha das curiosidades que tiveron foi como se producía a "caca" no noso corpo. E que mellor maneira que experimentar e poñérmonos mans á obra para sabelo.

Ensinámosvos unha serie de fotos que reflicten perfectamente o proceso dixestivo. 

Nestas primeiras fotos pódese ver a simulación da nosa boca, onde se produce a masticación. As mans das nenas e nenos son os dentes.


O seguinte bloque de fotos simula a salivación e a formación do bolo alimenticio na boca.


No terceiro grupo de fotos, podemos ver como o bolo alimenticio pasa ao estómago (que o representamos coas bolsas de conxelar).


Nas seguintes fotos podedes ver como entran en acción os ácidos gástricos do estómago (fixémolo con vinagre) que, xunto cos músculos do estómago (mans dos nenos e nenas), seguen traballando no proceso dixestivo, desmenuzando o bolo alimenticio.


Despois do estómago, pasamos ao intestino delgado (fixémolo cunha media simulando o noso intestino, onde seguían apretando e vendo como saían os nutrientes esenciais para o noso corpo). Aquí foi divertido porque se deron conta de porqué a nosa "caca" ten ese cheiro tan peculiar.


Por último, vimos como do intestino delgado pasa ao groso (representámolo con papel de cociña que exerce a labor do intestino groso) e saía formada a nosa "caca".



No hay comentarios:

Publicar un comentario