viernes, 6 de mayo de 2016

PÁRAMO PICTURES: Gañadora do VIII Premio MIMI

     A produtora independente de Lugo, PÁRAMO PICTURES, resultou a gañadora nesta VIII edición do Premio MIMI.

     PARABÉNS ! ! !

    Si premedes na imaxe seguinte podedes ver o vídeo e seguir todo o proceso de exposición de candidaturas a cargo d@s alumn@s de 5º, as votacións e o reconto de votos:

http://oblogdemimi.blogspot.com.es/2016/05/na-viii-edicion-ganou.html


sábado, 16 de abril de 2016

CONCURSO DE MICROPOEMAS

   As nosas compañeiras MATILDE SÁNCHEZ CASAL (de 3º) e SARA CASALDERREY MAGDALENA (de 4º) quedaron finalistas no VIII Concurso de Micropoemas convocado pola Coordinadora de Normalización e Dinamización da Lingua Galega "Terras do Umia". 

     E a gañadora na categoría B2 resultou ser: SARA CASALDERREY MAGDALENA.

     MOITOS PARABÉNS !

    Sigamos creando, sigamos avanzando.







IV CERTAME DE RELATO CURTO

     ELIA PUDDU SANMARTÍN (de 6º) e ALBA VILLAR CRUGEIRAS (de 4º) quedaron finalistas no IV Certame de Relato Curto convocado pola FANPA (Federación de Nais e Pais de Alumn@s).
     Polo de pronto, recibirán o seu merecido diploma e a divulgación das súas obras, ademais de optar a ser gañadoras da súa categoría. 

     BRAVÍSIMO, CHICAS !

     MOITÍSIMA SORTE !

    E MOITAS GRAZAS A TOD@S @S PARTICIPANTES !






martes, 2 de febrero de 2016

ODAIKO PERCUSSION GROUP

     Onte, día 1 de febreiro, @s alumn@s de 3º e 4º chegamos moi nervios@s ao colexio porque iamos a Pontevedra, a ver "Cousas de 4" de ODAIKO PERCUSSION GROUP.
    No autobús, sentámonos por parellas e gozamos dunha preciosa paisaxe con árbores, montañas, casas e ríos. Chamounos moito a atención un avión aparcado na beira da estrada e pareceunos espectaculares todas as pontes que hai sobre o río Lérez.
     Ao chegar, o autobús deixounos na praza de Galicia e fomos camiñando ata a sede de Afundación.
    No vestíbulo, admiramos unhas esculturas grandísimas antes de acomodarnos nas nosas butacas.


     O espectáculo musical estivo protagonizado por catro músicos que se chaman Juan Collazo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso e Antonio Ocampo. Eles tocaron, cantaron e fixeron teatro con moita graza. Non parabamos de rir. Que paveros!


   Utilizaron percusión corporal, instrumentos tradicionais como a marimba, a pandeireta ou as tarrañolas; xoguetes, coma o clásico martelo sonoro dos paiasos; utensilios de uso cotián como unha tixola ou unha culler; e obxectos de plástico como barrís e tubos de diferentes cores e tamaños.


     Nun momento da actuación pediron catro voluntari@s para acompañalos no escenario. Todos nós levantamos a man pero non nos escolleron. Que se lle vai facer! Outra vez será!


     Foi un espectáculo alucinante. Especialmente cando apagaron as luces e tocaron cunhas baquetas que brillaban na escuridade. Unha auténtica pasada!
     Á saída, agasalláronnos cunhas pegatinas co nome do grupo. 
     Que ben o pasamos!
     Oxalá poidamos velos de novo!