martes, 2 de febrero de 2016

ODAIKO PERCUSSION GROUP

     Onte, día 1 de febreiro, @s alumn@s de 3º e 4º chegamos moi nervios@s ao colexio porque iamos a Pontevedra, a ver "Cousas de 4" de ODAIKO PERCUSSION GROUP.
    No autobús, sentámonos por parellas e gozamos dunha preciosa paisaxe con árbores, montañas, casas e ríos. Chamounos moito a atención un avión aparcado na beira da estrada e pareceunos espectaculares todas as pontes que hai sobre o río Lérez.
     Ao chegar, o autobús deixounos na praza de Galicia e fomos camiñando ata a sede de Afundación.
    No vestíbulo, admiramos unhas esculturas grandísimas antes de acomodarnos nas nosas butacas.


     O espectáculo musical estivo protagonizado por catro músicos que se chaman Juan Collazo, Félix Rodríguez, Francisco Troncoso e Antonio Ocampo. Eles tocaron, cantaron e fixeron teatro con moita graza. Non parabamos de rir. Que paveros!


   Utilizaron percusión corporal, instrumentos tradicionais como a marimba, a pandeireta ou as tarrañolas; xoguetes, coma o clásico martelo sonoro dos paiasos; utensilios de uso cotián como unha tixola ou unha culler; e obxectos de plástico como barrís e tubos de diferentes cores e tamaños.


     Nun momento da actuación pediron catro voluntari@s para acompañalos no escenario. Todos nós levantamos a man pero non nos escolleron. Que se lle vai facer! Outra vez será!


     Foi un espectáculo alucinante. Especialmente cando apagaron as luces e tocaron cunhas baquetas que brillaban na escuridade. Unha auténtica pasada!
     Á saída, agasalláronnos cunhas pegatinas co nome do grupo. 
     Que ben o pasamos!
     Oxalá poidamos velos de novo!


1 comentario:

  1. Gustoume moito o espectacullo foi unha pasada.

    A.T.B.

    ResponderEliminar