As nenas e nenos de 3ºB investigaron neste primeiro trimestre acerca do sistema solar e, para iso, empregaron a realidade aumentada, entre outros recursos. Para culminar o trimestre, decidiron facer unhas maquetas do sistema solar.
Ademais, os planetas e as etiquetas que os identifican están pegados con velcro, permitindo que cada maqueta se converta nun divertido xogo! 2 en 1! Para iso, en cada unha das órbitas, hai un código QR que, ao escanealo, as nenas e nenos escoitarán as súas propias gravacións con pistas acerca do planeta que deben colocar. Soa divertido, verdade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario