viernes, 10 de febrero de 2017

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA ... MÁIS OBRADOIRO!!

     O alumnado de 3º e 4º de primaria viaxou o martes pasado a Pontevedra para participar nun obradoiro de arquitectura e no musical "Sandra e Meirol en Xistralia" onde puideron coñecer distintos instrumentos típicos galegos. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron e aprenderon...


 
 

Neste obradoiro, deseñaron por equipos as súas aulas ideais. E saíron deseños moi orixinais...

No musical "Sandra e Meirol en Xistralia" contáronnos a viaxe de Sandra a terra de Xistralia (na fronteira con Portugal) onde durante as festas da Coca o dragón de dúas cabezas secuestrara a todos os nenos e nenas da vila. Entón, Sandra e o caracol Meirol, que nos foi ensinando distintos instrumentos musicais, conseguiron que o dragón liberara aos nenos e celebrar todos xuntos a festa da Coca.

Aquí vos deixamos unhas fotos...





No hay comentarios:

Publicar un comentario