O pasado mércores, día 13 de decembro, fomos de visita a
MeteoGalicia en Santiago de Compostela.
Nun primeiro momento ensináronnos a sala de control de predicións,
onde vimos pantallas nas que se proxectaba en directo a información do tempo
atmosférico que enviaban as cámaras situadas en distintas estacións meteorolóxicas
dispostas en diferentes puntos xeográficos de Galicia.
Despois dividímonos en dous grupos e participamos en
sendos obradoiros relacionados coa atmosfera e o tempo atmosférico; onde
puidemos ver distintos aparellos que empregan os meteorólogos para predicir o
tempo atmosférico que vai haber na nosa terra.
Foi unha saída moi interesante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario