martes, 10 de noviembre de 2020

Mesturando, mesturando...

Mesturando, mesturando... Dentro do proxecto da materia estivemos facendo mesturas homoxéneas, neste caso pasta de sal. Pasámolo xenial amasando a nosa mestura e tamén enzoufándonos un pouco, ou un moito.
Deixamos un vídeo de mostra!!!


miércoles, 17 de junio de 2020

GRAZAS NENOS E NENAS DE 4º

As profes de cuarto queremos despedir este curso tan atípico cun pequeno vídeo agradecendo o traballo de todos e todas nestes tempos difíciles, e dando as GRAZAS ós nosos protagonistas: as nenas e nenos de 4º de primaria.



Voltaremos vernos!!! 

GRAZAS!!!

martes, 16 de junio de 2020

Manualidades bonitas con materiais do entorno.

Para pechar o curso na área de Plástica, o  alumnado de 4º  empregou  materiais do seu entorno natural  para desenvolver a súa creatividade , e así  realizar estas fermosas creacións.



  PARABÉNS ARTISTAS POR TODO O TRABALLO!

lunes, 25 de mayo de 2020

ORIGAMI EN 4º DE PRIMARIA

As nenas e nenos de 4º adicaron esta semana pasada a elaborar figuras de Origami con papel. Os resultados son excelentes.





Parabéns

lunes, 18 de mayo de 2020

Día Mundial da Reciclaxe!!

No 2005 a UNESCO decidiu instaurar o 17 de maio como o Día Mundial da Reciclaxe, co fin de concienciar ás persoas do importante que é reducir, reutilizar e reciclar .

Os nenos e nenas  de 4º curso,  inmersos no proxecto "Protexemos a Terra", reempregaron os materiais que tiñan nas súas casas e cunhas doses de imaxinación elaboraron estas fermosas creacións. Aquí tedes os resultados, o noso Planeta agradecerao.

Escoitade atentos a letra da canción , deixámosvos un anaco que describe a perfección a vosa labor:

 "Tiempos de pequeños movimientos, movimientos en reacción
Una gota junto a otra hace oleajes, luego, mares, océanos.
Nunca una ley fue tan simple y clara: Acción, reacción, repercusión"



sábado, 9 de mayo de 2020

DÍA DA TERRA

O pasado 22 de abril conmemorouse o Día da Terra e, para celebralo, o alumnado de 4º elaborou unhas fermosas postais.

Aquí vos deixamos os resultados:




#euquedonacasa