martes, 21 de diciembre de 2021

Fantásticas maquetas do sistema solar - 3ºB

As nenas e nenos de 3ºB investigaron neste primeiro trimestre acerca do sistema solar e, para iso, empregaron a realidade aumentada, entre outros recursos. Para culminar o trimestre, decidiron facer unhas maquetas do sistema solar. 

Ademais, os planetas e as etiquetas que os identifican están pegados con velcro, permitindo que cada maqueta se converta nun divertido xogo! 2 en 1! Para iso, en cada unha das órbitas, hai un código QR que, ao escanealo, as nenas e nenos escoitarán as súas propias gravacións con pistas acerca do planeta que deben colocar. Soa divertido, verdade?















EN CUARTO CELEBRAMOS O FIN DE ANO!!!

 Deixámosvos unha mostra de fotos do ben que o pasamos hoxe as nenos e nenos de 4º de Primaria.












FELIZ FIN DE ANO FAMILIAS!!!

QUE PASARÁ, QUE MISTERIO HABERÁ...

Hoxe os nenos e nenas de 4º EP saíron misteriosamente do cole... Aquí temos as probas...







A onde se dirixirían?...

Pois... para sabelo, tivemos que seguilos sen que nos viran...











POIS FORON AO BUZÓN DE CORREOS!!!

Para quen serán esas cartas... para Papá Noel, os Reis Magos, para queeeennn!!!

Non quixeron dicir nada. Só que tiñamos que esperar á volta das vacacións para que nolo conten.

lunes, 22 de noviembre de 2021

LAPBOOK DO UNIVERSO

O alumnado de 3º estivo investigando sobre o Universo e recadando información para crear estes xeitosos "Lapbooks".

lunes, 18 de octubre de 2021

O alumnado de 3º envía as súas cartas de apoio aos nenos e nenas da Palma

A pasada semana escribimos unhas cartas para enviarllas a un colexio da Palma e así animar aos rapaces e rapazas da illa, que están a pasar momentos complicados. 

En Barro estamos con vós!!! 

Moita forza!!!!