sábado, 14 de diciembre de 2019

CONDUTA PAS (Protexer, Avisar e Socorrer)

As alumnas e alumnos de 4° de Primaria participaron nun obradoiro impartido por persoal da Cruz Vermella na nosa Biblioteca. Aprenderon nocións básicas de primeiros auxilios, que lles permitirá coñecer mellor as situacións máis habituais de emerxencia e como actuar con orde e serenidade ante as mesmas.


Moitísimas grazas!!!

                       Sumádevos a practicar os primeiros auxilios como estes nenos e nenas!!!





viernes, 13 de diciembre de 2019

AS FAMILIAS PARTICIPAN

Que mellor maneira de rematar o proxecto do corpo humano que manipulando e xogando cunha réplica do noso corpo. Ademais, a través deste xogo puidemos ver en 3D os órganos traballados en semanas anteriores.

Todo isto grazas á colaboración de José e a súa familia, que nos facilitaron esta magnífica actividade, permitíndonos aprender xogando.




miércoles, 27 de noviembre de 2019

COMO SOMOS POR DENTRO?

Os nenos e nenas de 4º decidiron investigar sobre os distintos órganos que forman o noso corpo. Para conseguilo empregaron diferentes xogos e actividades, agora ben todos tiveron a mesma finalidade: Investigar e profundar nos órganos máis importantes do corpo humano.

Por aquí vos deixamos os resultados:









Porque como di Diane Ackerman: "Xogar é a forma favorita do noso cerebro para aprender". 

E vós queredes xogar? 

CHEGOU O OUTONO

O outono chegou ao cole de Barro e, para celebralo, o alumnado de 4º de primaria elaborou nas clases de educación artística uns bonitos mouchos e unha decoración magosteira dacordo coa celebración da que gozamos hai uns días.

 

Aquí tedes os resultados:


  


sábado, 9 de noviembre de 2019

O REFRANEIRO POPULAR

A cultura tradicional é moi sabia e o alumnado de 4º descubriuno estas semanas, coa axuda das súas familias, recollendo os refráns máis populares da nosa tradición.

Como podedes ver témolos de todos os gustos... algúns son moi suxerentes.

Animádevos a lelos!



martes, 29 de octubre de 2019

SOMOS O QUE COMEMOS

Démoslle a benvida ó novo curso con moitas ganas de seguir aprendendo e coñecendo.

E que mellor maneira de comezar que traballando sobre os hábitos diarios para medrar sans e fortes?

Para iso, despois da busca de información, creamos os nosos pratos saudables, onde recollemos aqueles alimentos necesarios para conseguilo.

Todos chegamos á mesma conclusión: Coma os alimentos cultivados na casa, ningún! Vós tamén pensades o mesmo?