sábado, 16 de junio de 2018

Visita á exposición AS MANS DE BARRO

O luns 4 de xuño, os rapaces e rapazas de 3º e 4º de Primaria fomos ao Concello a ver a exposición “As mans de Barro”. 


En canto chegamos alí atopámonos con Celso, que estaba esperando para contarmos con ilusión e paixón unha das súas afeccións: a olería tradicional.

En primeiro lugar, explicounos como descubriu esta afección, e despois invitounos a subir á Sala de Exposicións onde nos contou moreas de anécdotas e curiosidades.

Celso contou que o barro se pode conseguir na natureza e que, tras esmagalo, peneiralo e botarlle auga, conseguimos a pasta para modelar; ata nos ensinou uns selos coas súas iniciais para gravar os seus traballos.


Despois fomos mesa por mesa descubrindo os seus traballos mentres nos dicía para que servían eses obxectos. 


Por exemplo, Celso díxonos que as ÁMBOAS, eran os recipientes que usaban os romanos para transportar o viño. Ou que os MELEIROS eran botes para gardar o mel e que, para evitar que as formigas entraran nel, tiñan un reborde na metade do frasco que se enchía de auga.


Tamén vimos unha CHOCOLATEIRA que nos pareceu moi curiosa, xa que tiña dous buratos: un no lateral para servir o chocolate e outro, na parte superior da tapa, para introducir un pau e poder remover o chocolate e desfacer os grumos.

Mais seguramente o obxecto que máis nos sorprendeu foi o SACALEITES, que igual que os modernos de agora, servían para axudar a aleitar ás crianzas co leite do seo materno.


Outro dos obxectos que nos chamou a atención foi o BOLEIRO, que é un “forno portátil”. Este é unha tapa de barro que se puña sobre a pedra da lareira e dentro se cocía o pan, mentres debaixo da pedra se acendía a fogueira para aplicar calor á peza que se estaba cocendo. E sabedes que? O boleiro seica era moi útil para os canteiros que cando tiñan que ir traballar fóra podían levalo consigo e elaborar o seu propio pan.


Na exposición había moitísimos máis obxectos como: xerros, vasos, floreiros, pucheiros, botellas, porróns, moldes para facer ladrillos e tellas...



Ao rematar de contemplar todas as pezas que Celso recreou, vimos un vídeo que este habilidoso artesán utilizou como recurso para aprendermos como se cocen as pezas de barro.

A verdade é que foi unha gran exposición.


Unha auténtica gozada!

Moitísimas grazas!


Máis información no blog da Biblioteca:

miércoles, 13 de junio de 2018

INICIACIÓN AO TENIS

O alumnado de 3º e 4º de Primaria gozou onte, no pavillón do Concello, dunha actividade de iniciación ao tenis organizada polo profesorado de Ed. Física do noso centro en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Carlos Coira (coordinador da Federación Galega de Tenis) e os técnicos Manuel Acuña, Abraham Barros e Alexander González, lograron transmitir ao alumnado a paixón por este deporte tan saudábel.



MOITÍSIMAS GRAZAS ! ! !


martes, 12 de junio de 2018

Exposicións Voces de Mulleres

Logo de rematar as nosas investigacións dentro do Proxecto Voces de Mulleres, amosamos o que aprendimos facendo exposicións a outras clases.
En terceiro, investigamos a Marie Curie (científica), Gloria Fuertes e María Canosa (escritoras), e tamén puxemos en papel o aprendido das mulleres que nos viñeron falar no mes de marzo.
En cuarto curso, investigamos a María Martiñón (paleoantropóloga) nas dúas clases; a Fina Casalderrey e Marisa Núñez (escritoras) e a Mabel Rivera (actriz), na clase de 4º B; a Ledicia Costas e Marilar Alexandre (escritoras) máis Patricia Castelao (ilustradora), na clase de 4º A.
Podedes mirar este pequeno resumo fotográfico:


Máis información no blog da biblioteca:
https://oblogdemimi.blogspot.com/2018/06/voces-de-mulleres.html

sábado, 2 de junio de 2018

PROGRAMAMOS CON MBLOCK

Chámanse "Mbot" e son os robots que chegaron ao centro, dentro do Programa de Robótica Educativa en Primaria. Para a súa programación, úsase o software Mblock baseado en Scratch 2.0.

O alumnado de 4º de Primaria, dentro da área de ALFIN (de libre configuración do noso centro) desenvolveu prácticas de programación para coñecer o manexo destes robots.

Este é o material co que traballaron:



Unha actividade motivadora e ilusionante!




O seu reto foi programar os robots para os xogos de pistas que se ían desenvolver na Biblioteca do colexio e no Ximnasio, ademais da creación do holograma.

Finalmente... 
Reto conseguido!

CREAMOS UN HOLOGRAMA

Os nenos e nenas de 4º curso, no segundo trimestre, estivemos aprendendo a programar con Scratch nas clases de ALFIN. Primeriro foron retos sinxelos para coñecer o programa, pero propuxéronnos crear un "holograma" coa imaxe de Petra, que serviría para dar inicio a un proxecto sobre a Prehistoria e os Petróglifos, e aceptamos sen dubidar.



Fixemos a tarefa en pequenos grupos. Despois de rematar os hologramas, eleximos un para o proxecto e decidimos que Saray Gómez (de 4º A) sería quen lle daría voz a Petra.

 Estamos moi contentas e contentos do resultado.

Podedes acceder ao vídeo do holograma de dúas formas:

Premendo o seguinte enlace:
Ou ben, lendo o código QR cun dispositivo móbil ou tablet.

Se preparades unha pirámide de acetato para poñer sobre a vosa pantalla, poderedes aprecialo.


Queremos agradecer a Carlos Taboada e Enrique Mauricio, de Polocorreodovento, que nos concedesen autorización de uso da imaxe de Petra para facer posible este proxecto.



viernes, 1 de junio de 2018

POEMARIO DE GLORIA

Para rematar co proxecto Voces de mulleres na aula de 3º fixemos unha escolma de poemas de Gloria Fuertes, concretamente da sua obra La oca loca, e nun exercicio de comprensión lectora e exprexión plástica, ilustrámolo. 

Fixádevos que orixinais nos quedaron!