Remata o cole e non imos poder coidar das plantas que plantamos no noso invernadoiro, por iso, repartimos todas as plantas e as levamos para casa para continuar coidándoas!!
MARCHAMOS CARGADIÑOS E FELICES PARA CASA!
Remata o cole e non imos poder coidar das plantas que plantamos no noso invernadoiro, por iso, repartimos todas as plantas e as levamos para casa para continuar coidándoas!!
MARCHAMOS CARGADIÑOS E FELICES PARA CASA!
O pasado venres, as aulas de terceiro e cuarto de primaria do cole realizamos a nosa saída de fin de curso. Foi un día moi completiño!!
Primerio fomos ata Vigo para coller un barco que nos levaría pola ría de Vigo ata Meirande.

Despois da merenda, puxemos rumbo cara a illa de San Simón. Ali realizamos diferentes actividades: visita guiada, onde poidemos coñecer a historia da illa, e, despois de comer, fixemos un xogo de pistas pola illa.
PASÁMOLO XENIAL!!
Como ben sabedes, hoxe é o Día Internacional do Medioambiente. No cole fixemos varias actividades relacionadas con esta data. Pero, nas aulas de terceiro tivemos a oportunidade de compartir dúas sesións cunha bióloga que traballa no CIF de Lourizán.
María Eugenia Miranda Fontaíña leva moitos anos estudando as árbores autóctonas galegas, entre os seus proxectos atópase un baseado no estudo das cerdeiras.
Explicounos que significa cada anel no corte dun tronco, como é a madeira da cerdeira e que probas fan para darlle o maior número de usos industriais.
Para rematar, poidemos facerlle unha breve entrevista e quedamos marabillados do seu saber!
Como hoxe foi un día de sorpresas, María traía unha con ela...
Ao longo das últimas semanas, nas aulas de terceiro do cole, estivemos traballando a figura da escritora homenaxeada este ano polas letras galegas: Begoña Caamaño.
En proxecto competencial quixemos dar o noso toque persoal a un retrato seu, cada un imaxinou a súa cara e debuxouna, aquí tedes o resultado!
Hoxe estivo nas aulas de terceiro, Sandra, mamá de Sofía da clase de 3ºA. Sandra é licenciada en Historia e durante uns anos da súa vida traballou como arqueóloga. Invitámola a que viñera á clase a contarnos en que consiste o traballo dun arqueólogo.
Falounos de moitas cousas relacionadas coa súa experiencia e tamén traía unha presenación coa que nos explicou moi ben en que consiste a arqueoloxía.
Mirade que atentas e atentos estamos, era unha delicia escoitar as súas explicacións!
Despois de rematar a súa charla, fixémoslle unha entrevista, onde saíron anécdotas e onde varias compañeiras e compañeiros mostraron o seu desexo de ser arqueólogos de maiores!
GRAZAS, SANDRA, POR ACERCARNOS A ARQUEOLOXÍA ÁS AULAS!
Hoxe, 15 de maio, é o Día Internacional da Familia. Con tal motivo, nas aulas de terceiro do cole, fixemos uns chaveiros en madeira e unha postal, nela escribimos o que nos fai sentir a nosa familia.
O 2 de maio conmemorouse o Día internacional contra o acoso e a violencia nas aulas. Con tal motivo no cole imos visionar unha serie de curtas para reflexionar sobre este tema.
Asemade, na aula de música, as nenas e nenos están traballando unha canción moi fermosa titulada "Bonito es", canción creada polo colexio Lourdes Fuhem que, baixo o lema "o bonito é que a xente se queira", promove o respeto, a convivencia positiva e a loita contra a violencia nas aulas.
Nas aulas de terceiro, tomando como punto de partida a canción anteriormente mencionada, elaboramos este mural. A través del buscamos encher o noso colexio de palabras fermosas de cariño cara as nosas compañeiras e compañeiros.
NON Á VIOLENCIA NAS ESCOLAS!!
Onte conmemoramos o Día do libro e con tal motivo, nas aulas de terceiro fixemos diferentes actividades.
En primeiro lugar, fixemos unha bonita árbore cargada de portadas de libros, pero non unhas portadas calquera!, as portadas dos nosos libros favoritos.
Durante estas últimas semanas, nas aulas de terceiro do noso cole, estivemos estudando as características principais dos ecosistemas acuático, terrestre e mixto.
Tras ter ben clariño a teoría, fixemos unhas maquetas representando estes ecosistemas, hoxe expusémolos aos nosos compañeiros, velaí o resultado.
CANTO DESFRUTAMOS EN CIENCIAS!!!!
Como ben sabedes, no cole estamos a traballar todo o relacionado coa novena arte: a banda deseñada, dentro do proxecto "NovenArte".
Con tal motivo, este curso, co noso disfrace, quixemos converternos en onomatopeas de cómic. Mirade que guapiñas e guapiños ibamos...
VIVA O ENTROIDO!!!!!!!!!!!
Hoxe, 2 de febreiro, é o día da Candeloria, o día das candeas, o día do amor en Galicia, o día no que casan os paxariños... está claro que na nosa cultura este é un día importante, posto que marca o final próximo do inverno e o pronto despertar da natureza.
A nós, no cole, gústanos celebralo como "o día no que casan os paxariños", tradición oral moi arraigada no noso concello. Cada 2 de febreiro nalgunha das nosas casas escóitase "hoxe os paxariños casan".
Para conmemorar este día, nas aulas de terceiro, enchemos as ventás de fermosos paxaros.
Ademais, fixemos unha breve recollida de refráns relacionados con este día.
FELIZ DÍA DA CANDELORIA💕
Hoxe veu visitarnos Yolanda que é oceanográfica e investigadora no Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. A súa visita enmárcase dentro do proxecto "Alfabetización oceánica. Coñecer para conservar" e parte da premisa que "se coñecemos mellor os ecosistemas seremos quen de preservalos mellor".
Fixemos catro obradoiros: un de recoñecemento de imaxes impresas con microscopio e imaxe real, outro de recoñecemento de animais e os seus hábitats, un de contaminación nas praias e, por último, un de estudo da area a través dun visor microscópico.
Falounos un pouco do seu traballo no CIM, da importancia dos océanos para a vida na Terra, da necesidade de deixar de contaminar o noso planeta e algunha que outra característica curiosa do melgacho ou pintarroja, da lamprea, do plancton...
A continuación deixamos unhas imaxes do que foron estes obradoiros.
MOITAS GRAZAS YOLANDA!!
GRAZAS POR ESTE TIPO DE INICIATIVAS TAN ENRIQUECEDORAS!!
Para conmemorar o 36 aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia que se cumpre hoxe, o alumnado de Proxecto Competencial de 3º de Primaria creou un fermoso cómic con debuxos e viñetas de diferentes dereitos que teñen as nenas e nenos e os seus correspondentes deberes. Como colofón, o cómic foi presentado ás demais compañeiras e compañeiros de nivel, celebrando así de ben esta data tan especial.
Agardamos que vos guste!
POR UNHA INFANCIA FELIZ!!!
Hoxe celebramos o magosto no cole, nas aulas de terceiro quixemos facer unhas caixas para poder recoller as nosas castañas asadas e merendalas.
Velaí o resultado!!!!
QUEDÁRONNOS FERMOSÍSIMAS!!!!👌
Con motivo do Día Mundial da Arquitectura, que se celebra o primeiro luns de outubro, fixemos unhs obradoiros vencellados a esta disciplina da man de Sheila García e asociación Cultura Tirante e o Colectivo Costa Oeste.
As alumnas e alumnos do segundo ciclo tivemos a oportunidade de participar en catro obradoiros, distribudos por cursos, e onde poidemos explorar o espazo, os materiais e a luz dende o eido da arquitectura.
Elaboramos maquetas onde deseñamos como nos gustaría que fose o espazo público, como nos imaxinamos que sería a nosa casa dentro de cen anos, sobre a paisaxe galega e estoxos decorados por transferencia textil con imaxes da arquitectura moderna.
A continuación deixamos imaxes de diferentes momentos dos obradoiros:
Hoxe, venres, fomos ver a exposición dos nosos traballos e unha colección de fotografías relacionadas coa arquitectura.
VELAÍ O NOSO TRABALLO!!
Moitas grazas Sheila pola túa labor e o teu bo facer!!
Hoxe tivemos unha visitra moi especial nas aulas de terceiro de primaria do colexio, o noso compañeiro Mateo tróuxonos uns pitiños da súa casa, e explicounos moitas cousas!!!
Eran de diferentes "idades", os máis pequenos tiñan un día de vida, os medianos, sete días!, e os maiores, catorce. É incrible como medran en poucos días!!
Como se correu a voz...ou o..."pío, pío", chegaron á nosa aula os compañeiros de 5º de infantil cheos de emoción.
QUE EMOCIÓN!!
MOITAS GRAZAS Á FAMILIA DE MATEO POLA PROPOSTA!!!!