ESTADOS DA AUGA
Para conmemorar o Día Mundial da Auga ( 22 de Marzo ) estivemos experimentando sobre os diferentes estados da auga.
Para ver o estado sólido, metemos uns abalorios dentro dun globo, botámoslle unha pouca auga e metémolos no conxelador.
Para comprobar o estado líquido, vimos como pasaba a auga dun recipiente a outro e mesmo a tinguimos de cores diferentes.
Para descubrir o estado gasoso, observamos como sae o vapor duns vasos con auga quente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario