O martes 9 de maio, @s alumn@s de 4º, 5º e 6º xuntámonos na nosa Biblioteca para escoitar a Felipe Martínez, que é enxeñeiro informático, e viña a falarmos da importancia de "Navegar con rumbo" pola Internet.
Navegar con rumbo pola Internet significa navegar con seguridade. Para iso hai que usar ben a cabeza e seguir uns consellos moi sinxelos como:
- Non aceptar mensaxes de descoñecid@s.
- Non piratear os programas.
- Protexer o móbil.
- Ter un patrón para desbloquear o móbil e o ordenador.
- Non contar toda a nosa vida nas redes sociais.
- Non insultar.
- Avisar a unha persoa adulta (familiares, profesor@s . . .) se temos algún problema co móbil como, por exemplo, se alguén nolo pide.
UNHA CHARLA MOI INTERESANTE !
MOITAS GRAZAS, FELIPE !
No hay comentarios:
Publicar un comentario