As profes de cuarto queremos despedir este curso tan atípico cun pequeno vídeo agradecendo o traballo de todos e todas nestes tempos difíciles, e dando as GRAZAS ós nosos protagonistas: as nenas e nenos de 4º de primaria.
Para pechar o curso na área de Plástica, o alumnado de 4º empregou materiais do seu entorno natural para desenvolver a súa creatividade , e así realizar estas fermosas creacións.
No 2005 a UNESCO decidiu instaurar o 17 de maio como o Día Mundial da Reciclaxe, co fin de concienciar ás persoas do importante que é reducir, reutilizar e reciclar .
Os nenos e nenas de 4º curso, inmersos no proxecto "Protexemos a Terra", reempregaron os materiais que tiñan nas súas casas e cunhas doses de imaxinación elaboraron estas fermosas creacións. Aquí tedes os resultados, o noso Planeta agradecerao.
Escoitade atentos a letra da canción , deixámosvos un anaco que describe a perfección a vosa labor:
"Tiempos de pequeños movimientos, movimientos en reacción
Una gota junto a otra hace oleajes, luego, mares, océanos.
Nunca una ley fue tan simple y clara: Acción, reacción, repercusión"
Os nenos e nenas de 4º estiveron exercendo de chefs e prepararon unhas riquísimas receitas.
Con esta actividade traballamos as Linguas coa expresión escrita, as Matemáticas coas cantidades, a Plástica coas fotografías e tratamos de que a rapazada se achegase ao mundo da cociña.
Quen sabe... Igual descubrimos que hai moitos nenos e nenas que teñen un futuro prometedor como cociñeiros e cociñeiras.