1ª) Como se explica no reglamento, os avións das modalidades que teñen que voar hai que entregalos por anticipado: con deixalos na aula de 4º o luns día 13 é suficiente. Os avións da modalide tuning non se entregan antes por varios motivos: para non estropear as decoracións, para conservar o factor sorpresa,...

3º) O modelo de avión en calquera das tres modalidades é libre (e a cor do folio tamén). É máis, animámosvos a que fagades deseños complexos, variados, innovadores,... Como moitos/as só dominades o modelo dart, tamén chamado arrow (dardo ou frecha), imos facer unha recomendación: visitade as seguintes páxinas web... e deixade voar a vosa imaxinación.
- A web Avioncitos de papel ten moitos modelos e trucos.
- En FoldNFly, unha das páxinas clásicas, incluso están os modelos clasificados e explicados (nunha web dun xornal español comentaron as súas explicacións fai pouco)
- Outra web moi coñecida, que tamén ten instruccións, é Funpaperairplanes, de visita recomendada.
- E outra máis con moi bos videos: Paperaeroplanes (onde comprobaredes o chulos que quedan se usamos papeis de cores).
- A portal Papiroflexiamania ten unha sección dedicada ós avións, como non podía ser doutra forma, na que atoparás videotitoriais.
- O mesmo pasa cunha páxina similar pero en inglés: Origami-instructions.
- Veña, outra web en inglés con varios modelos sinxeliños: non vos preocupedes, só con ver as imaxes chega.
- Tamén neste post de Taringa explican 12 modelos, e neste outro 20, así que por información non será, non?