martes, 29 de octubre de 2019

SOMOS O QUE COMEMOS

Démoslle a benvida ó novo curso con moitas ganas de seguir aprendendo e coñecendo.

E que mellor maneira de comezar que traballando sobre os hábitos diarios para medrar sans e fortes?

Para iso, despois da busca de información, creamos os nosos pratos saudables, onde recollemos aqueles alimentos necesarios para conseguilo.

Todos chegamos á mesma conclusión: Coma os alimentos cultivados na casa, ningún! Vós tamén pensades o mesmo?




jueves, 26 de septiembre de 2019

O mundo que desexamos

Comezamos novo curso e, que mellor maneira de facelo que, unírmonos ás actividades da organización Fridays for Future contra o cambio climático e a pasividade dos gobernos de todo o mundo ante esta problemática tan real e actual.

En 4º curso de Primaria, os alumnos e as alumnas realizamos diferentes actividades para conciencíarmonos da necesidade de modificar actitudes diarias, co fin de frear esta situación.

Entre elas, destacamos a visualización de vídeos, pancartas de protesta, busca de información sobre as conclusións da cumbre da ONU e a modificación de condutas no cole.

Aquí vos deixamos os resultados!







Benvidos e benvidas a este novo curso!


jueves, 20 de junio de 2019

MARTIÑO E O CAMIÑO

E igual que o curso vai chegando ao seu fin... o proxecto Martiño e o Camiño tamén remata despois dunhas cantas horas de investigación e diversión, somerxéndonos entre diferentes textos, experimentando coa robótica e descubrindo a Realidade Aumentada.

Pouco a pouco fomos superando cada unha das misións e agora queremos compartir convosco todo o traballo que realizamos, por iso se pulsades sobre a seguinte imaxe accederedes a un documento con todas as nosas tarefas.



miércoles, 19 de junio de 2019

MARTIÑO E O CAMIÑO. Unha bandeira para Martiño

Durante o proxecto `Martiño e o Camiño´, ocorréusenos que, para a súa peregrinación a Santiago, Martiño debería levar con el unha bandeira que o identificase. Así que, puxémonos mans a obra e deseñamos unhas bandeiras ven chulas que podedes ver neste documento:


Ademais, coa axuda dunha app de Realidade Aumentada chamada Quiver, conseguimos que esas bandeiras tomasen vida e ondeasen coma se fosen de verdade. Animádevos a facer vós a proba usando o pdf que aparece máis arriba!


lunes, 17 de junio de 2019

MARTIÑO E O CAMIÑO. Misión 4

Superadas todas as misións, Martiño preguntounos se seriamos quen de transformar esas rutas tan antigas do Camiño de Santiago, que investigamos na misión 2, en rutas transitables para robots:

Así que puxémonos mans a obra. En primeiro lugar, deseñamos as rutas en papel seguindo os códigos de Ozobot, ou mellor dito de `MartiñoBot´, pois finalmente personalizamos o noso robot coa imaxe de Martiño. Unha vez deseñadas en papel, tocou coller os robots e comprobar que estes funcionaban perfectamente sobre cada ruta e se lle podían propor a Martiño.

Comprobadas as rutas robotizadas, debuxámolas no mapa da Península Ibérica para pasar a última proba de deseño, que por certo foi todo un éxito.


Todos os retos conseguidos, e misión superada con éxito!!
Parabéns grumetes!!

miércoles, 12 de junio de 2019

Xeometría con fita adhesiva

Estes días, os rapaces e rapazas de 4º estamos traballando algúns conceptos xeométricos. Nesta ocasión, tocou traballar a medida de ángulos e, para iso, usamos un pouco de fita adhesiva de cores, uns rotuladores, as nosas mesas e o transportador de ángulos.

Colocar a fita foi moi divertido, xa que non sempre se pode usar a nosa mesa como caderno pero máis divertido foi ter que medir os ángulos en grupo. Ao principio, custounos un pouco pero finalmente, como o traballo en equipo se leva mellor, todos o fomos conseguindo.





















Posteriormente, para reforzar a medida dos ángulos, partimos do nome de Martiño, o noso compañeiro infatigable de aventuras durante este último trimestre, que nos animou a seguir buscando ángulos.