miércoles, 12 de febrero de 2020

Charla "PILABOT"

O alumnado de 4º nivel, responsable de poñer en marcha o concurso Pilabot, recibiu unha interesante charla sobre as pilas. Coñeceron os diferentes tipos, partes e a súa perigosidade. 

Finalmente realizaron un cuestionario grupal mediante a ferramenta kahoot, onde acertaron moitas preguntas!!

Moitas grazas @pilabotgal!!


viernes, 7 de febrero de 2020

"A VOLTA AO MUNDO"

O alumnado de 4º curso dentro do seu proxecto " A volta ó mundo", elaborou unhas fermosas bandeiras do país que cadaquén representa .Tamén buscaron como se di  a palabra PAZ en diferentes idiomas.

Logo fixemos un divertido vídeo para compartir os resultados. Aquí volo deixamos: 
                                                                                        
                      
                    

PAZ, SALAM, PEACE, BARIS , MIERU !!!!                                     





PAZ EN TODOS OS RECUNCHOS DO MUNDO

As nenas e nenos de 4º, dentro do noso proxecto anual, estivemos traballando a conmemoración do día da Paz. Para iso, dentro do noso mapa do mundo buscamos como se di en diferentes idiomas a palabra paz, xa que consideramos que é un concepto que debe chegar a cada recuncho do mundo.

Para plasmar esta idea, aproveitamos as bandeiras elaboradas nas casas, con motivo do traballo anteriormente feito sobre diferentes lugares do mundo.



Grazas familias pola vosa colaboración!

lunes, 27 de enero de 2020

VISITA A SOGAMA

O pasado venres o alumnado de 4º, que está moi implicado co medio ambiente e a boa conservación do mesmo, visitou as instalacións de SOGAMA.

Ó chegar recibíronnos os educadores medioambientais que están ao servizo de Sogama e proporcionáronnos as explicacións  oportunas sobre o cometido desta empresa en Galicia.
Vimos a importancia de separar ben, para reciclar mellor, e quedamos abraiados/as coa montaña de lixo que alí tiñan.

Ó final da visita déronnos uns agasallos para non esquecernos nunca da importancia de reciclar nos nosos fogares.

Moitísimas grazas!




jueves, 16 de enero de 2020

PENSAMENTOS CREATIVOS

Nesta ocasión, as nenas e nenos de 4º puxeron en práctica o aprendido no 1º trimestre para plasmar en diversos thinking maps os distintos tipos de animais vertebrados e invertebrados que investigaron.

Unha vez feitos, a través da técnica de aprendizaxe cooperativo "quebracabezas", transmitiron a información adquirida ó resto de compañeiros e compañeiras para que todos e todas tiveran coñecementos dos distintos tipos de animais.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra da tarefa:




martes, 14 de enero de 2020

COÑECEMOS O MUNDO

Dentro do proxecto anual de aula, as nenas e nenos de 4º estivemos buscando información interesante sobre os distintos lugares que cada neno e nena representa dentro do seu equipo: Vilna, Berlín, Manila... Grazas a isto aprendemos cousas como: comidas típicas, idiomas, bandeiras, moedas...

Finalmente, os resultados destas investigacións foron expostos na Biblioteca do centro.


Aquí volo deixamos: