domingo, 10 de marzo de 2019

ENCONTRO CON VIVIANA VITUREIRA FERNÁNDEZ

O Día Internacional da Muller veu ao colexio Viviana Vitureira Fernández, que é médica e nai do noso compañeiro Luca e do seu irmán, Piero.


Viviana falou da súa vida e de como logrou facer realidade o soño de ser doutora e especializarse en Xinecoloxía e Obstetricia, para axudar a traer bebés ao mundo. Para iso estudou moitos anos, con moita dedicación, con moitas ganas.

  

A charla foi moi entretida porque Viviana ensinounos un montón de fotos da súa infancia en Uruguay, dos seus xogos, das súas aficións, da súa boneca preferida, da súa graduación, da súa profesión...

 

Incluso vimos fotos de Luca e Piero na barriga da súa nai e tamén con ela, no hospital. E fixemos un xogo moi simpático de preguntas-respostas que acertamos todas.


Co seu exemplo, aprendemos que podemos ser o que queiramos ser e que hai que loitar sempre para conseguilo.

Cando subimos a clase pensamos, falamos, escribimos e debuxamos:



Unha charla do máis inspiradora!

Moitísimas grazas!!!


O venres 8 de marzo estaba moi nervioso: Ía vir a miña nai á Biblioteca do colexio para dar unha charla. 

Falou de cando era pequena, dos xogos, dos estudos, das súas ilusións, do seu traballo como médica...


Cando preguntou a diferenza entre xinecóloga e obstetra eu, aínda que seguía moi nervioso, levantei a man. Seino ben porque ese é o traballo da miña nai. Ela chámase Viviana Vitureira Fernández. 


Encantoume!

Luca Vila Vitureira. 4ºA




No hay comentarios:

Publicar un comentario