viernes, 25 de febrero de 2022
Descubrindo A Coruña!
O ENTROIDO DE 4º
HOXE DESFRUTAMOS O ENTROIDO CO NOSO DISFRAZ FAVORITO. AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA ...
QUE PASEDES UN BO ENTROIDO!!!
martes, 15 de febrero de 2022
No cole de Barro estamos con vós!
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Loita contra o Cancro Infantil e, no CEIP Amor Ruibal de Barro, sumámonos ao reto #PañueloChallengeAladina da @FundaciónAladina, como mostra de apoio e cariño ás nenas e nenos que perden o cabelo polos tratamentos que precisan para a súa curación.
Con tal motivo, o alumnado de 3º de Primaria manifestou no patio a súa solidariedade, lucindo panos na cabeza e pancartas con sentidas mensaxes, xunto a lazos dourados que simbolizan a fortaleza e resistencia das nenas e nenos con cancro.
XUNT@S NESTA LOITA!
NON ESTADES SOAS!
QUE O CANCRO NON GAÑE!
NO COLE DE BARRO ESTAMOS CON VÓS!
jueves, 10 de febrero de 2022
Novo episodio de "O podcast de terceiro" - Mulleres científicas galegas
O día 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e as rapazas e rapaces de 3ºA e 3ºB quixeron investigar sobre algunhas das científicas galegas máis destacadas.
Aquí está o resultado!
Podedes escoitalo a través de iVoox e tamén a través de Spotify: