viernes, 31 de marzo de 2023

PLANTAMOS COAS CRIANZAS DE INFANTIL

Agora tocou o turno de facer plantación coas crianzas máis novas do cole. Pasámolo moi ben ensinándolle a plantar ás nenas e nenos de Infantil!









viernes, 24 de marzo de 2023

PLANTAMOS PEREXIL

PLANTAMOS PEREXIL 
Coa chegada da primavera toca facer plantación. Hoxe plantamos perexil. Gustounos tanto que seguro que moi pronto repetiremos.















AS PLANTAS... EN LAPBOOKS

A rapazada de 4ºB, como produto final do proxecto sobre as plantas, realizaron fermosos lapbooks nos que plasmaron toda a súa creatividade e aprendizaxe. Despois, para ir aprendendo a expresarse oralmente ante público, expuxeron aos seus compañeiros e compañeiras os seus traballos.

Deixamos unhas cantas fotos para que vexades o ben que o fixeron.






















miércoles, 22 de marzo de 2023

OS ESTADOS DA AUGA

  ESTADOS DA AUGA

Para conmemorar o Día Mundial da Auga  ( 22 de Marzo ) estivemos experimentando sobre os diferentes estados da auga.

Para  ver o estado sólido, metemos uns abalorios dentro dun globo, botámoslle unha pouca auga e metémolos no conxelador.

Para comprobar o estado líquido, vimos como pasaba a auga dun recipiente a outro e mesmo a tinguimos de cores diferentes.

Para descubrir o estado gasoso, observamos como sae o vapor duns vasos con auga quente.