Como xa dixemos na entrada anterior, o pasado venres embarcámonos na Hora do Código... aínda que nos levou máis dunha hora. Primeiro falamos na aula sobre as Ciencias da Computación e sobre algúns termos que emplean os informáticos. Agora os alumnos de 4º xa saben, por exemplo, que cando un programador fala de depurar non está pensando en limpar a auga, senon en buscar erros ou posibles melloras nun programa para solucionalos e que funcione mellor.
Despois fomos á aula de informática para facer unha práctica traballando por parellas: un sería o driver ou condutor (o encargado de manexar o rato e o teclado), e outro o browser ou explorador (o que vai repasando o código e vixiando o funcionamento), aínda que o de razonar e deseñar sexa unha tarefa compartida. O obxectivo era facer variacións sobre un xogo faciliño chamado Flappy Bird, empregando unha versión dun sistema de programación por bloques chamado Scratch.
Conseguimos 12 xogos parecidos pero á súa vez distintos, algo así como este (preme na imaxe para xogar):
E ademáis, o alcalde de Barro veu ao cole a apoiar a iniciativa, e a animar aos nenos, e sobre todo ás nenas (porque son poucas as rapazas que estudan enxeñerías, e iso debería cambiar), a estudar nun campo como o informático, no que hai tantas ofertas de traballo. Tamén tivo a oportunidade de probar un dos xogos, e non se lle daba tan mal! Mirade que ata saímos na prensa:
Esperamos que a actividade vos gustase. Podedes deixar nos comentarios a vosa opinión, ou propostas de outras actividades, ou os enderezos dos vosos xogos para que o resto poida probalos.
Esta é a Semana da Educación nas Ciencias da Computación, un evento mundial para poñer en valor a importancia dos estudios e as profesións relacionadas coa informática. E un dos protagonistas deste acontecemento é a celebración en miles de colexios da Hora do Código.
Como se trata de introducir aos nenos e nenas en aspectos como o uso correcto das redes, a robótica, programación, os fundamentos da informática, etc., nos imos a participar facendo unha actividade de programación con bloques (baseada nun programa chamado Scratch), para crear unha nova versión dun pequeno videoxogo chamado Flappy Bird. Veremos si quedan chulos!
A papiroflexia (tamén chamada origami ou cocotoloxía), é unha forma de arte que consiste en facer figuras con papel sen usar tesoiras nin pegamento, o que a diferencia de outras modalidades parecidas como o papercraft.
Nos de momento só imos a facer algunha figura de papiroflexia, en concreto un cadeliño, seguindo as instrucións do vídeo. O único que precisamos é un folio DIN-A4, unha regra, e lapiceiros de cores para decorar a nosa figura. No vídeo tamén aparecen usando tesoiras, así que... veña, polo de agora imos a usalas porque todavía estamos empezando a practicar, pero pouco a pouco hai que ir intentando cortar ben o papel empregando só as mans.
Velaquí están as instrucións; ás veces é necesario velo varias veces, ou ir parando cada pouquiño, pero se o intentas con ganas, seguro que che sae.
Cando esté rematado pintarémolo para imitar o noso can favorito, e cos trozos de papel que sobraron... quen é capaz de facer outro cadelo máis? Cantos cans serías quen de facer sen coller outro folio?