lunes, 22 de mayo de 2023

EXTRAEMOS A CLOROFILA DAS PLANTAS

 EXTRAEMOS A CLOROFILA DAS PLANTAS

A clorofila é un pigmento que lle dá cor ás plantas. Para comprobalo. fixemos un experimento que consistía en cortar anaquiños pequenos de varias follas, introducilos nun vaso e cubrir todo con alcol. Ao pouco tempo, quedaba un líquido de cor verde.












domingo, 7 de mayo de 2023

viernes, 5 de mayo de 2023

TINGUIMOS CARAVEIS DE CORES

Na clase de terceiro fixemos un experimento que consistiu en tinguir caraveis de cores. Primeiro escribimos o noso nome nun vaso e colocamos o caravel. A continuación, botamos auga e un pouco de colorante da cor elexida. Este foi o resultado!





















sábado, 29 de abril de 2023

APRENDEMOS BALONMÁN

Xogadores da SD Teucro de Pontevedra achegáronse ata Barro para manter un interesante encontro deportivo co alumnado de 3º e 4º de Primaria. En primeiro lugar, explicaron as reglas básicas do balonmán para, seguidamente, poñelas en práctica na pista, abrindo así o abano de posibilidades motrices das nenas e nenos, que se divertiron un montón.

Moitísimas grazas!!!