sábado, 29 de abril de 2017

CHARLA "A VOLTAS COA COMPOSTAXE"

Esta semana recibimos no colexio a visita de Manolo, biólogo do equipo didáctico do CEIDA  dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, que nos ofreceu a charla "A voltas coa compostaxe" na que abordou a problemática dos resíduos e do seu tratamento.
Falamos da 3Rs (Reducir, Reciclar e Reutilizar) base do noso Proxecto este curso e da compostaxe (Revitalizar) para contribuir a unha xestión de resíduos respetuosa co medio ambiente.
No blog da biblioteca podedes ver o vídeo resumo de esta semana de obradoiros.